Barreiros 9 de maio de 2022. O Concello de Barreiros vén de presentar o obradoiro “Escola de Familias”, un espazo no que se impartirá formación baseada na coeducación e a disciplina positiva, para familias con crianzas de cero a doce anos. Está formación participativa encádrase no programa desenvolto pola área de Igualdade +Igualdade Barreiros e pretende dotar ás familias de ferramentas para educar en igualdade, dun xeito positivo e baseado no respecto mutuo.
“Trátase de dotar ás familias de Barreiros dun instrumento para a educación das crianzas que permita o coñecemento das distintas etapas evolutivas e do desenvolvemento cerebral e emocional, fomentando a empatía”, explica a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro. “Deste xeito, poñemos a disposición das familias formación que cada vez conta con máis demanda, no obxectivo de formar persoas adultas críticas e con capacidade de afrontar por si mesmas as diversas situacións que as agora nenas e nenos atoparán ao longo da súa vida”.
Segundo adianta a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, coa posta en marcha da Escola de Familias dan forma a “un compromiso adquirido polo goberno de Barreiros e que ao fin podemos levar a cabo, con vocación de continuidade, apostando pola educación en valores desde unha perspectiva de xénero e dotando ás familias de ferramentas que axuden ao desenvolvemento de competencias emocionais que fagan posible un entorno igualitario”.
Montse Porteiro insiste en que “estas escolas de familias son espazos de comprensión e respecto que ensinan a comunicármonos e entender os comportamentos das nosas crianzas, aínda cando estes non sexan os máis adecuados, reconducíndoos de xeito positivo e sen loitas de poder”.
O obradoiro será impartido por “Disciplina Positiva A Mariña”, que conta con ampla experiencia no modelo educativo de disciplina positiva e que axuda a acompañar ás crianzas desde a colaboración, coa intención de ensinarlles competencias básicas para a vida.
Este proxecto desenvolverase en sete xornadas de dúas horas aproximadamente cada unha, e levaranse a cabo os venres, a partir do 20 de maio. Para anotarse, facilitarase as persoas interesadas unha ficha de inscrición para cumplimentar e que deberán entregar nas oficinas do Concello .




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



