O goberno local fai este anuncio logo de coñecerse que A-8 tivo que ser pechada e destaca a necesidade de instalar iluminación nas interseccións da nacional
Mondoñedo, a 13 de maio de 2022. Esta mañá, de novo estivo cortada ao tráfico a autovía A-8, a causa da néboa, e, unha vez máis, o tráfico tivo que ser desviado pola N-634. O Concello de Mondoñedo, á vista de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana non acaba de atender as súas demandas de melloras nesta vía, indica que non descarta pedir o amparo da Valedora do Pobo, dado que o estado da estrada ocasiona situación de risco para o trafico rodado.
O goberno local agarda as melloras precisas na citada vía dende 2017. Neste ano, a entón alcaldesa, Elena Candia, xa solicitara en xullo unha reunión coa subdelegada do Goberno en Lugo para reivindicar unha actuación para mellorar o estado de conservación da vía.
Esta petición xa fora trasladada en anteriores ocasións e o Executivo local xa conseguira o compromiso do Goberno do Estado para levar a cabo o estudo do proxecto para a mellora da seguridade vial na N-634 en abril dese ano. A intervención debía atender a substitución da capa de microaglomerado, mellora na sinalización, balizamento e defensas; acondicionamento e mellora das interseccións e limpeza e perfilado de cunetas, así como o peche de zonas onde poidan aparecer animais soltos.
O ano pasado, o Concello insistiu na súa demanda da execución das obras precisas na N-634. O goberno reivindicou, unha vez máis, o arranxo urxente desta estrada que presenta un firme en mal estado, co asfalto desgastado, e con iluminación e sinalización horizontal deficiente que dificultan a circulación de vehículos en condicións de seguridade nos días de néboa que son, precisamente, os casos nos que a N-634 ten que absorber o tráfico desviado da autovía A-8.
Como hai un ano, o goberno municipal destaca que “agora, co comezo da época estival, os desvíos do tráfico pola nacional son máis frecuentes debido á maior frecuencia na aparición de néboas no alto do Fiouco”. Destacan así a necesidade de dotar de iluminación esta estrada no tramo de Mondoñedo.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



