Nota de Prensa
Un incendio declarado na mañá de onte afectou ás instalacións de Armadores de Burela S.A. (ABSA), unha das principais empresas pesqueiras galegas, provocando cuantiosos danos que quixo supervisar persoalmente a Conselleira do Mar tras visitar de urxencia a zona do sinistro
BALSEIRO E ÁLVAREZ CHAO SE INTERESAN POLO APOIO QUE A XUNTA DEU PARA CONTRIBUÍR A NORMALIZAR A OPERATIVIDADE DA LONXA DE BURELA
• Os deputados do Grupo Popular subliñan que o porto lucense se atopa en plena campaña do bonito, unha das de maior importancia, polo que as medidas de apoio da Xunta adoitan especial urxencia.
Santiago, 23 de xullo de 2010.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao se interesaron a través dunha iniciativa parlamentaria polo apoio que a Xunta de Galicia desenvolve para contribuír a normalizar a operatividade da lonxa de Burela despois de que un incendio, declarado na mañá de onte, afectara a gran parte das instalacións. As lapas e o fume provocaron cuantiosos danos que están agora a ser obxecto de valoración en parte das naves de Armadores de Burela S.A. (ABSA), unhas das principais empresas pesqueiras galegas.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, salientou a rápida reacción de Rosa Quintana, a titular do departamento autonómico de asuntos marítimos, quen se desprazou de urxencia ata a localidade lucense “porque quixo visitar a zona do sinistro, reunirse cos afectados, e supervisar o operativo de emerxencias disposto para controlar o incendio”, persoal e medios coordinados pola Axencia Galega de Emerxencias. Ambos deputados quixeron tamén agradecer a tarefa desenvolvida polos profesionais que participaron neste operativo de emerxencia e que xa no día de onte recibiron o apoio e agradecemento da propia Conselleira do Mar.
O voceiro do Mar dos populares galegos lembrou finalmente que o porto pesqueiro de Burela, como outros moitos de Galicia, se atopa neste momento en plena campaña do bonito, polo que a urxencia no restablecemento da normalidade, dentro do posible, adquire especial relevancia. “Deste xeito se evitarán prexuízos maiores aos que xa de por si implica un acontecemento destas características”. Ao mesmo tempo manifestaron a total dispoñibilidade e apoio do Grupo Parlamentario Popular “e, seguro tamén do Goberno de Galicia, que xa o ten manifestado a través de da conselleira do Mar”, á asociación e, particularmente aos exportadores de peixe, “pois as naves incendiadas estaban a ser empregadas principalmente por este colectivo”. O principal é –concluíu Balseiro- que as consecuencias deste acontecemento se superen rapidamente.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



