Eugenia Requeijo aclara que “a Xunta non incluirá a construción dun paso inferior no alto da Gañidoira debido a que suporía unha inversión inicial estimada en preto de medio millón de euros, cando xa existen outros tres pasos inferiores en menos dun quilómetro”
Muras, 16 de maio de 2022. A voceira do Grupo Municipal do PP de Muras e presidenta local da formación, Eugenia Requeijo, defende “o compromiso do PP e da Xunta coa mellora da capacidade e da seguridade viaria da LU-540”.
A popular aclara que “o proxecto incorporou unha proposta do Grupo Municipal Popular e tamén outra das achegadas polo goberno local. Así o puiden comprobar durante a presentación do proxecto que ofreceu a conselleira o 4 deste mes en Celeiro e ao que nin o alcalde nin ningún outro membro do goberno asistiron pese a estar invitados, o que demostra a súa falta de interese”.
Eugenia Requeijo explica que “o proxecto inclúe a mellora da saída de Muras cara a Xermade e Vilalba, no entronque entre a LU-172 e a LU-540, onde presenta unha pendente pronunciada que dificulta a circulación de vehículos pesados, especialmente. Esta foi unha proposta do noso Grupo Municipal que foi estudada e aceptada pola Xunta que tamén estudou ás presentadas polo goberno local. Así, o proxecto inclúe tamén o acondicionamento dun camiño de servizo que permita a circulación de tractores e outros vehículos pola marxe desta vía autonómica sen necesidade de compartir espazo co resto do tráfico”.
A proposta para a construción dun paso inferior no alto da Gañidoira, onde se celebra a anual Feira do Poltro, “foi estudada pola administración autonómica, pero foi rexeitada debido á elevada inversión que supón – cunha estimación inicial de preto de medio millón de euros- para o seu uso nun único día ao ano no que se reforza a seguridade con efectivos da Garda Civil”. Ademais, a popular subliña que “existen outros tres pasos subterráneos en dirección Viveiro en menos dun quilómetro”. Polo tanto, os populares pregúntanse “se o interese do alcalde pola construción dun novo paso subterráneo responde ao beneficio propio; xa que as fincas da zona son propiedade da súa familia”.
“Non hai polígono en Muras porque falta documentación do Concello”
Eugenia Requeijo apunta tamén que “non pode haber conexión co polígono industrial porque non hai polígono industrial en Muras” debido a que “o goberno local non aporta a documentación relativa aos servizos urbanísticos pendentes. É máis, a zona onde está previsto acondicionar o polígono da Cabana atópase totalmente abandonada chea de toxos e xestas”.
Recentemente, a Xunta ampliou a vixencia dun informe ambiental que caducaba este ano para que o Concello non tivese que volver iniciar o procedemento e, polo tanto, evitar atrasar o proxecto que está parado á espera de que o Concello aporte a documentación requirida”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



