A Mariña, 19 de maio de 2022. O dispositivo móbil da Plataforma Sanitaria desplazouse hoxe ao Centro de Saúde de Ourol para reclamar a cobertura do único facultativo ,que está de baixa. O Sergas coa excusa de que non atopa médicos está a cubrir esta baixa dous días á semana, deixando a maior parte dos días sen médico a un concello de mil habitantes, moi envellecido e con moita dispersión xeográfica.
Ata o centro de saúde desprazáronse a maioría de veciñas e veciños, redactándose preto de cincocentas reclamacións. As colas de persoas chegaban ata a estrada e “mesmo tivemos que cubrir datos cinco activistas ao mesmo tempo, para axilizar”- comenta Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.
Moitas persoas levaron impresos para as súas casas, dado que había xente que quería facelas mais non podía por motivos laborais. Tamén quedan impresos no centro de saúde para aquelas persoas que non poideron ir hoxe pero que desexan reclamar o dereito de ter un/ha médico/a todos os días, “polo que descoñecemos cantas máis reclamacións poderán efectuarse, máis as preto de cincocentas de hoxe significan gran parte da poboación, polo que cremos que o Sergas debe tomar nota e poñerse mans á obra; non descartamos máis medidas reivindicativas”- conclúen.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



