Ribadeo, 19 de maio de 2022. Os días 21 e 22 de maio disputarase en Ribadeo o XIII Torneo Infantil da SD Ribadeo, que reunirá a 400 nenos de 21 equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. O evento foi presentado esta mañá no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o xefe territorial de Deportes, Manuel Otero, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, o concelleiro de Deportes ribadense, Jorge Díaz, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o técnico municipal de Deportes, Iván Rodríguez.
Manuel Otero tivo palabras de agradecemento para os equipos e clubs participantes e tamén para as firmas colaboradoras e para os patrocinadores: “en especial para o Concello de Ribadeo por esa forte aposta lúdico deportiva que desenvolve ao longo dos 365 días de cada ano. E noraboa á SD Ribadeo por converter un torneo, que xa é todo un referente non so no ámbito provincial e autonómico senón tamén no estatal”.
O xefe territorial dixo que “a situación ocasionada polo covid é a que é e imos pedirlle a toda esa xente que virá disfrutar de Ribadeo, da Mariña e do Occidente asturiano que o fagan con máis sentidiño e con máis cabeza ca nunca. E aos deportistas dicirlles que veñan disfrutar do deporte, do fútbol, con ánimo de gañar, pero que nos demostren que tamén saben perder. Iso ás veces é o mais importante no deporte e sobre todo nestas idades. Agardamos que o torneo sexa todo un éxito”.
A presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, manifestou que “estamos moi ledos porque por fin este ano podemos volver á normalidade e volveremos disfrutar da festa do fútbol para terminar con bo pe a tempada”. E subliñou que “no XIII Torneo Infantil, que se vai celebrar esta vindeira fin de semana contamos con 21 equipos de Galicia, Asturias e Cantabria. En total nos tres torneos que organizamos van ser 2.000 nenos e os seus familiares os que lles darán un bo empurrón aos negocios da nosa vila”. Nonide agradeceu o apoio e a colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e de Acisa.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “iniciamos a celebración dos torneos organizados pola SD Ribadeo esta fin de semana co infantil. Queremos amosarlle o noso apoio á SD durante todo o ano con toda a súa actividade. E reiterar as palabras dos meus antecesores, de Manolo e de Sandra, queremos que se compita ben, se gañe ou se perda que se saiban facer ben as dúas cousas, con moita cautela porque vimos do que vimos, que procuren ser sensatos en todo e que actúen con orde tanto por parte dos pais e das nais, que sabemos que así o van facer, como dos equipos”. E engadiu: “o Concello, dentro das dúas posibilidades, vai seguir apoiando este tipo de iniciativas e de deporte base, que cremos e consideramos que é o futuro e aí estaremos para seguir”.
E o xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou: “por parte de Acisa agradecerlle á SD Ribadeo a organización destes torneos, que son moi importantes. Estamos a falar dunha cantidade en total de 2.000 pícaros coas súas familias, equipos e demais e estamos seguros de que vai ser un evento que vai atraer a moita xente á nosa vila. Seguramente serán miles as persoas que se acheguen a Ribadeo durante tres fins de semana e desde Acisa tiñamos a obriga de colaborar cunha importante achega económica e facémolo de boa gana porque os visitantes convértense en pequenos embaixadores para dar a coñecer Ribadeo noutras partes de Galicia, de Asturias e de Cantabria”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


