Lourenzá, 13 de xuño de 2022. O programa de actividades da III Festa Campesiña de Lourenzá, que se celebrará no Campo dos Bolos de Vilanova, comeza este sábado, día 18, ás oito e media da tarde coa actuación da Rondalla Trovadores de Ares. E o domingo 19 haberá feira de artesanía e alimentación, mostra de vehículos clásicos, exposición de razas autóctonas de Galicia, obradoiros, actuacións musicais, xantar, actividades infantís, queimada, premios para as mellores caracterizacións e tapas de porco celta.
O inicio das actividades do domingo está programado para as 11 da mañá. Para esa hora está prevista a apertura da feira con stands de artesanía e alimentación, da mostra de vehículos clásicos a cargo da asociación Vespa&Faba e da exposición de razas autóctonas de Galicia. Ademais comezarán os obradoiros de roca e cardado con la e de trenzas, pulseiras e tobilleiras, que se desenvolverán durante todo o día.
Para as 11:30 horas está programada unha actuación a cargo da asociación Osorio Gutiérrez e media hora máis tarde terá lugar a actividade Xogando na leira (Recuncho das argalladas). Ás 12:30 horas haberá concerto da Banda de Música de Lourenzá e ás 13:00 actuará Mapato, percusión africana. Media hora máis tarde empezará a sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K, con cantina da asociación Conde Santo.
O xantar campesiño, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), será ás 14:00 horas e o menú está composto por empanadas, tortillas, bolos preñados, torreznos, bocadillos e coca de San Xoán. Os tiques para participar na comida estarán á venda no stand da ACIAL.
Ás 16:00 horas haberá actividades infantís, media hora despois volverá actuar Mapato, percusión africana e para as 17:30 está programado un concerto do grupo Toxo Guayaba. Ás 19:00 horas actuar outra vez o dúo Epo-K.
Ademais haberá premios paras mellores caracterizacións, queimada popular a cargo da Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá e tapas elaboradas con porco celta nos establecementos hostaleiros Galaxia, Morrigan, Torreón e O Forno de Tovar.
As actividades están organizadas polo Concello de Lourenzña coa colaboración de asociacións do municipio.
A alcaldesa, Rocío López, invita “aos veciños e veciñas e a todas as persoas que se acheguen ese día a Lourenzá a que o fagan caracterizados de campesiños e campesiñas para acadar que a festa teña a aparencia das que se celebraban en Galicia hai un século”.






















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



