A empresa teima no seu plan de peche e traslado da produción mentres a Xunta está desaparecida
Viveiro a 29 de xuño de 2022. Baixo a consiga “queremos conservar os empregos na Mariña”, as traballadores e os traballadores da conserveira Albo de Celeiro secundaron este mércores unha nova xornada de folga parcial e unha manifestación que saíu da factoría foi até a Delegación Territorial de Pesca e rematou no peirao do porto.
Na reunión de onte coa dirección non se produciron avances significativos, toda vez que a empresa teima no seu plan de peche e traslado da produción a Salvaterra. Neste senso, Susana Riveira, da Executiva da CIG da Mariña, sinala que a empresa amosou disposición á continuidade da actividade pero sempre e cando apareza un terceiro que se faga cargo da fábrica. Unha disposición que Riveira considera “un intento da empresa de aparentar boa fe negociadora” para cumprir así cos requisitos legais no marco da negociación do expediente de mobilidade.
Ante a negativa da compañía a estudar alternativas ao peche, a asemblea do persoal manifestou o rexeitamento á decisión empresarial, reclama o mantemento dos empregos en Celeiro e que se lle recoñeza o esforzo realizado durante todos estes anos de duro traballo. “Este persoal levan toda da vida traballando nesta fábrica e se a marca ten prestixio é grazas á súa dedicación e ao seu esforzo, que agora a empresa ten que corresponder”, asevera Riveira, quen cualifica de inasumíbeis as ofertas da empresa para o traslado e as indeminizacións.
A este respecto, a representante da CIG considera un escándalo que nin a consellería de Economía nin a de Emprego se teñan interesado por esta conflito, “cando estamos falando da destrución de 42 postos de traballo directos e da desaparición definitiva dun sector como o da conserva na nosa comarca”.
Por iso, volve reclamar a intervención da Xunta de Galiza “porque non queremos que a Mariña sexa un deserto industrial nin ter que vivir exclusivamente dun sector servizos totalmente estacional. Esta comarca non se pode permitir o peche doutra empresa máis”.
Novas mobilizacións
Así as cousas, e tras acordarse ampliar o período de negociacións dous días máis, as traballadores e os traballadoras continuarán adiante co calendario de mobilizacións, incrementando os día de folga tamén ao luns 11 e o mércores 13 de xullo. Ademais do calendario xa aprobado, hoxe acordaron convocar manifestación o 7 de xullo dende Celeiro a Viveiro, ás 19:30 horas, na que animan a participar a toda da veciñanza da comarca para reclamar emprego e futuro para a Mariña.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



