A regulación aprobada polo Executivo galego o verán pasado permitiu levantar total ou parcialmente a prohibición da pesca recreativa en superficie que rexía desde os anos 70 en todos os portos
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, asinou hoxe cos alcaldes de Cervo, Malpica, Muros, Porto do Son e Ribeira os convenios de colaboración para o control da pesca recreativa nos seus peiraos que permiten ampliar os horarios e zonas autorizadas para esta práctica nos portos dos cinco concellos.
Deste xeito formalízase o compromiso de abrir máis zonas á actividade mediante a colaboración institucional e minimizando riscos ao igual que se fai noutras actividades de ocio efectuadas nos portos. Os acordos permiten establecer un control e vixilancia por parte dos Gobernos locais dunha actividade vinculada unicamente co lecer dos veciños e allea por completo á operativa portuaria.
O ente público salienta que esta fórmula é a máis axeitada para ampliar as zonas e minimizar os riscos -tanto dos afeccionados como dos profesionais dos portos- e anima ao resto de concellos do litoral a sumarse a esta posibilidade para poder avanzar na autorización da pesca de lecer coas maiores garantías para os pescadores e a actividade portuaria. De feito, lembra que os concellos apoiaron activamente ampliar zonas, polo que teñen nesta vía unha opción para obter resposta ás súas demandas.
Portos de Galicia incide ademais en que a normativa que regula esta práctica é viva e considera factible abrir novas áreas para a práctica da pesca recreativa en superficie en máis dunha vintena de portos de titularidade autonómica se existe colaboración cos concellos para o auxilio e control da actividade. Os convenios asinados hoxe permiten facelo en San Cibrao, Aguiño, Corrubedo, Palmeira, Malpica, Muros, Portosín e Porto do Son, aos que se poderían sumar -en caso de recibir o apoio dos Gobernos locais correspondentes- A Pobra do Caramiñal, Bueu, Burela, Cabo de Cruz, Caión, Camariñas, Camelle, Cariño, Castiñeiras, Escarabote, Moaña, O Xufre, Rianxo, Ribadeo, Sada, Santa Cristina, Tragove e Viveiro.
O ente público avanza así na regulación aprobada o pasado verán e que permitiu levantar total ou parcialmente a prohibición da práctica da pesca recreativa en superficie que rexía desde os anos 70 en todos os portos. A finalidade é dar garantías aos pescadores recreativos regularizando a actividade e por iso nos últimos meses se introduciron melloras como a ampliación de zonas e horarios así como outras de carácter xeral.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



