O goberno local foi informado pola Xunta de Galicia e a Fegamp e, polo tanto, “non se entende que perda estes fondos tan importantes para o hospital asilo”
Ribadeo, 5 de xullo de 2022. “O goberno do BNG perde entre 500.000 e 1,2 millóns de euros ao non solicitar unha subvención da Xunta de Galicia para reformar o hospital asilo”, segundo lamenta o voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega.
“É unha falta de respecto” que ao preguntar ao goberno local se solicitou esta subvención, “non se nos contestou. Preguntámoslle tamén á Xunta e quedámonos sorprendidos cando nos dixo que o goberno local non solicitou ningunha axuda”, explica Vega.
O popular explica que “o goberno local do BNG foi informado pola Xunta de Galicia e a Fegamp -presidida por un alcalde do PSOE-” das axudas da Xunta dirixidas á construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais públicos municipais.
O voceiro sinala que “o Grupo Municipal Popular leva dicindo dende o inicio do mandato que hai que concretar un orzamento para o hospital asilo, que hai que presentar un proxecto… Pero o goberno do BNG o que fai é enviar cartas e esixir nos medios de comunicación; cando o importante é xestionar orzamento e aproveitar as subvencións de forma que eses fondos veñan para Ribadeo”.
Para Vega non se entende que “o goberno local perda estes fondos e que Ribadeo non teña a posibilidade de contar cun orzamento tan importante para investilo no hospital asilo”.
Tendo en conta que “o goberno local do BNG di que nunca ten a culpa de nada”, o popular pregúntase “a quen van responsabilizar agora? Á Xunta, a Daniel Vega, ao Partido Popular?”. Nese sentido, condena que “o BNG responsabilice aos demais da mala xestión, da falta de traballo e da falta de coordinación dun goberno que toca ao seu fin”.
“Este goberno do BNG prefire vellas polémicas e entrar en debates absurdos e insultar continuamente á Xunta, incluso a través de carta; e ao Grupo Municipal Popular cando defende calquera proposta nos plenos. Pero, iso si, despois ir a rebufo e levar a cabo esa mesma proposta”, expón Vega.
Traballo e orzamento
O voceiro sinala que “o Grupo Municipal Popular o que vai facer é traballar: xestionar orzamento para que Ribadeo non perda eses cartos. Ribadeo necesita orzamento para engadir á herdanza do doutor Moreda e facer posible a reforma do hospital asilo. Nós non imos entrar en vellas polémicas; senón traballar, xestionar e concretar orzamento para garantir a reforma do hospital asilo”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



