Balseiro lembrou que suprime paradas en 23 concellos, elimina 76 servizos interiores e deixa de prestar 1.100 rutas de autobús
Santiago, 13 de xullo de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do Grupo Socialista, a través da que se pide ao Goberno de España que rectifique os criterios empregados no deseño do novo mapa concesional das liñas de transporte por estrada da súa competencia e teña en contas as peculiaridades que ten Galicia no que respecta á dispersión territorial e poboacional, promovendo a prestación de servizos de transporte interautonómicos de calidade, que garantan, cando menos, as paradas e os tráficos actuais, ademais das conexións directas existentes ata o de agora. “Non é asumible que, canto máis caros están os combustibles e cando máis necesario é para os cidadáns o transporte público, o Goberno de Pedro Sánchez faga unha política totalmente contraria e pretenda, de facto, desmantelar este servizo”, sinalou o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.
Na súa intervención, Balseiro explicou que o novo mapa concesional de autobuses de competencia estatal suprime paradas en 23 concellos galegos, que suman unha poboación de 136.000 persoas, supón a supresión de 76 servizos interiores e deixa sen prestar de xeito directo 1.100 rutas de autobús. A nivel de toda España, elimina o 47 por cento das rutas, rebaixa nun 74 por cento os municipios con parada e merma nun 31 por cento os quilómetros que percorre de media cada vehículo.
“O Goberno de España defende e promove un modelo de servizo público de mobilidade que da prioridade aos criterios económicos fronte á rendibilidade social e fronte ao equilibrio territorial”, lamentou o portavoz de Infraestruturas, quen anotou que “condena á morte aos servizos de media distancia e dificulta considerablemente a mobilidade interior e da zona rural, ao reducir os servizos de autobús intercomunitario”.
RECUPERAR OS SERVIZOS DE ANTES DA PANDEMIA
José Manuel Balseiro manifestou que a esta situación engádese que “o Goberno de España non recuperou aínda na súa totalidade os servizos de tren e autobús que había antes da pandemia”, polo que subliñou “o negativo e incoherente que é reducir a oferta e a calidade do transporte público no momento actual, cando máis o necesitan os cidadáns polo incremento do prezo dos combustibles”. “Lamentablemente, vemos que o Goberno de España aposta cada vez máis por un transporte menos público e menos colectivo”, dixo.
Por último, Balseiro lembrou que a Xunta e os concellos afectados acordaron o pasado día 4 pedirlle ao Goberno de España a retirada do novo mapa estatal de concesións de autobús, “unha postura común que o Goberno galego xa trasladou á Conferencia Nacional de Transportes, porque todos os galegos teñen dereito a un transporte público de calidade, que garanta a igualdade e que contribúa a reducir o consumo de combustible”.
Esta oposición ao novo mapa concesional de autobuses de competencia estatal tamén é compartida por outras comunidades autónomas como Castela e León, Aragón ou Andalucía.

















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



