Dicir as cousas en termos absolutos, sen precisar, leva normalmente a esaxeracións ou sinxelamente, a engano. Tamén neste caso o artigo vai precisamente diso, de matizar o título poñéndoo no seu contexto -no que o ideei eu- na actualidade no tempo e no que poderiamos chamar o aquí no espazo. Aquí e agora, e referido a temas tan diversos como as medidas sociais ou as medioambientais.
No 2020 ‘apareceu’ ‘como se fose da nada’ o covid19 como pandemia. Un coronavirus do que se tivo noticia en 2019 na China, e do que se pensou de xeito iluso que aí quedaría confinado, e que as medidas alí tomadas aquí serían imposibles. No 2022, en xaneiro, tiñamos conciencia de que as guerras eran cousa doutros lugares, outros continentes, países lonxanos, exóticos e atrasados. E iso por citar só dous feitos nos que se consideraba que había consenso, máis que nada polo lonxanos que parecían en todos os sentidos, e de aí, por considerar que non nos afectaban nin afectarían. É dicir, por considerar só dous casos ‘fáciles’. Eses dous casos ‘fáciles’ leváronos a retroceder en dereitos e liberdades; a ser conscientes do retroceso en sanidade comunitaria, pública; a facer que se invistan en armamento (máis que en defensa) cartos que poderían servir para educación ou para construír a paz; a esquecer que en teoría somos unha sociedade libre e soberana, mentres na práctica seguimos coa lei mordaza vixente, mesmo con determinada prensa a favor da rapina contra os máis débiles e o común; ou se fixo evidente, unha vez máis, a subordinación a intereses de lonxe das nosas fronteiras, a máis doutros xerados dentro delas pero fóra da xente común. Retrocesos realizados ou evidenciados de xeito rápido e case sen ter consciencia deles, menos aínda, recibidos con oposición efectiva.
Non é doado volver atrás, polo contrario, cando se empeorou. É dicir, desfacerse do retroceso. Perder dereitos é doado, máis aínda cando alguén se postula literalmente para agasallalos de xeito mercenario a un terceiro a modo de cabeza cortada servida en bandexa de prata. Volver a recuperalos é difícil: significa loitar duramente para conseguilos. Un exemplo: é moito máis doado privatizar que volver a montar unha estrutura pública funcional. E se se opta por nacionalizar, os problemas veñen de xeito interno, de tentar facer pública unha estrutura que non o é e está orientada ós cartos e non ó servizo, incluídos os dirixentes encargados de manter esa liña.
E, sabendo a dificultade de conseguir algunhas cousas, non deberamos preguntarnos como deixamos que se perdan sen máis?






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



