O grupo coñeceu distintos puntos de Vilalba, guiados polo alumnado do CEIP Terra Cha de Román e coa colaboración da Oficina de Turismo
Vilalba, 9 de xuño de 2022. Vilalba acolleu hoxe ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, no marco dun programa de intercambio educativo e cultural co CEIP Terra Cha de Román. A actividade, baixo o nome de “Os camiños da terra, os camiños do mar” busca coñecer ambas vilas mediante visitas educativas no eido cultural, educativo e patrimonial.
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e a concelleira de Educación, Infancia e Mocidade, Antía Rama, acompañaron ao alumnado na súa visita. A rapazada de Vilalba fai de anfitrioa para os pequenos/as de Burela nesta iniciativa, ensinándolle a súa vila.
O grupo de Burela coñeceu hoxe diferentes puntos de Vilalba, como a Torre dos Andrade, a Praza da Constitución, a praia fluvial ou a casiña do Ratiño Pérez. Na organización da actividade contouse coa colaboración da oficina de turismo de Vilalba, quen facilitou o material informativo.
Na visita que realizarán a Burela, o alumnado de Vilalba coñecerá a súa lonxa e barco museo da vila.
Dende o Concello de Vilalba agradecen o esforzo do profesorado de ambos centros, por esta iniciativa pioneira para descubrir o patrimonio de ambos municipios. Tamén agradecen o labor da Oficina de Turismo de Vilalba, pola súa axuda e facilitar o material para a actividade.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



