No PP destacan que a de Altri “é unha fábrica de gran importante para toda a provincia, especialmente porque falamos de poñer en valor a vida no rural cando tan necesario é que os pobos do rural teñan actividade industrial”
Lugo, 26 de xullo de 2022. A provincia de Lugo atravesa un momento crucial para o seu tecido industrial. O Partido Popular de Lugo, por medio do seu grupo provincial, na súa permanente disposición a sumar en beneficio de Lugo, defenderá sendas mocións no pleno que hoxe celebra a Deputación para facilitar o asentamento da fábrica de Altri en Palas de Rei e para propiciar que a de Alcoa en A Mariña se poida alimentar o antes posible de enerxías verdes, renovables. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, explica: “No pleno de hoxe, o grupo provincial do PP seguirá na súa liña de efectuar propostas importantes e produtivas para a provincia de Lugo; neste caso focalizámolas no sector industrial, en dúas mocións fundamentais para o tecido industrial lucense”.
Castiñeira sinala: “Unha das mocións está relacionada coa fábrica de fibras téxtiles de Altri, que se ubicará en Palas de Rei, na comarca da Ulloa, na que a Xunta, outras administración e a empresa xa fixeron o seu traballo e están pendentes de que o Goberno do Estado tramite, canto antes, as axudas para o financiamento da construción desa fábrica. É unha fábrica de gran importante para toda a provincia, especialmente porque falamos de poñer en valor a vida no rural cando tan necesario é que os pobos do rural teñan actividade industrial”. O portavoz popular lembra que o sector forestal, que tanto está a sufrir, e fundamental para Galicia. “Coa construción desa fábrica seremos aínda máis punteiros no campo forestal”, din os populares.
No PP confirman o seu apoio, como fixeron todos estes anos, “aos traballadores de Alcoa, que demandan do Estado moita máis axilidade na tramitación dos parques eólicos que deben subministrar enerxía verde, renovable, á fábrica de Alcoa para que siga producindo aluminio primario en A Mariña, aluminio de mellor calidade e co selo verde”. Castiñeira di: “Por un lado, é necesario que se poñan as pilas algúns concellos que quixeron alegar a eses parques eólicos e están retrasando a tramitación, e, pola súa parte, o Goberno central ten que axilizar os permisos para que se poida garantir un futuro para os nosos traballadores”.
Castiñeira considera que “son dúas iniciativas importantes que afectan a toda a provincia”, polo que espera “o apoio tanto dos socialistas como dos nacionalistas a estas dúas mocións”.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.