Foz, 29 de xullo, 2022. A inauguración será o próximo martes 2 de Agosto ás 19,30 horas na sala de exposicións do CENIMA e poderase visitar ata o 30 de Agosto
Ángel Picos (Cedeira – A coruña)
Apaixonado da pintura artística, dende moi novo xa amosou predilección polo debuxo, realizando as súas primeiras obras de xeito autodidacta. Na idade adulta coñeceu á persoa que se convertiría no seu mentor, José Antonio Porro, quen soubo ver o artista latente que se agachaba no seu interior.
Leva máis de nove anos como pintor artístico. Especializado no estilo impresionista, sempre busca plasmar e transmitir as súas emocións en todas e cada unha das súas obras.
“Os seus traballos misturan normalmente imáxenes relacionadas coa nosa terra, ambiente, tradicions, paisaxes…ese ambiente e tradicions reflictense tamen nas suas figuras, as cales tenden a evocar esa morriña propia do sentimento galego. O autor quere transmitir dinamismo, movemiento e sutileza as suas pinceladas con un trazo moi marcado, froito do seu propio carácter”.
Diego Pérez Dopico “J. Peak” (Viveiro – Lugo)
Compaxinou os estudos de Maestría Industrial en Viveiro e de Maxisterio na Coruña con diferentes traballos. Continuará os seus estudos en Xixón e realizará distintos traballos en países europeos para regresar a Ortigueira no 2010 onde reside e onde transcorrerá parte da súa infancia. Na actualidade é Técnico de Cultura e Secretario da Escola de Música.
Entre o 2011 e o 2016 estuda Ciencias Relixiosas na Universídade de San Dámaso, anteriormente San Agustín, en Madrid através da UNED.
Entusiasta das artes e da cultura funda a Asociación Cultural Galioart, da que é presidente. As súas obras expoñénse por toda Galicia, ademais, é fotógrafo, escritor e promotor do Festival Celta, Letras Galegas e de infinidade de eventos culturais.
“Non descarta ningunha temática, e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a denuncia social, coa abstracción… Algún dos seus cadros son máis complexos do que a primeira vista pode parecer, e conteñen elementos que contan historias difíciles de descubrir se un non ten a sorte de que o propio artista llas explique.”
Serge Sozonov (República Saja)
Traballou durante anos en Moscú nunha empresa de publicidade. Por aquel entón viaxaba a miúdo por Europa, tal vez na busca do lugar soñado para vivir. “Por fin encontreí dous sitios que me gustaron moíto, Noruega e Ortigueíra, e decidín quedarme aquí”, conta este veciño de O Baleo.
En Galicia atopou un lugar para recuperar a infancia e a inocencia e, especialmente, un lugar onde dedicarse ao que realmente lle enche: a pintura.
“O nu, como é sabido, tivo sempre un lugar preeminente na aprendizaxe da pintura, porque o dominio da súa técnica implica ter coñecemento de todos e cada un dos elementos que se lle esixen a unha obra artística, como forma, proporción, liña, perspectiva, espazo, textura, luz, e, no seu caso, cor. Conseguido maravillosamente ben por Serge Sozonov.”
Otero Regal (Viveiro – Lugo)
Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.
A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos da arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha produción artística con características que van dende o expresionismo até a arte conceptual.
Dende o ano 68, no que fai a súa primeira exposición en Mondoñedo son varios centos as que leva realizado até o momento, tanto individuais como colectivas.
Obradoiro propio de cerámica en Xunqueira, Viveiro-Lugo. Estudio de Cerámica artística, muralismo e traballos arquitectónicos. Imparte cursos de Raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España.
Realiza murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados.
Posee obra en Museos e Fundacións e coleccións privadas de España, Europa, EEUU e Xapón.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



