O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, visitaron unha das sesións que imparte a especialista Nuria Torrado na Casa do Mar, en San Cibrao. As clases teñen lugar os martes e xoves de verán ás 12:00 horas, e están dirixidas ás crianzas de entre 6 e 12 anos. Son múltiples os beneficios do Ioga desde as idades máis temperás, entre eles: Aprender a respirar. Fortalecer os músculos. Obter maior flexibilidade e equilibrio. Mellorar a concentración. Adquirir conciencia do seu propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes. Estimular a súa creatividade e imaxinación.
Este verán, dentro da programación dos Enredos de Cervo, tamén hai clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida
Este verán, dentro da programación dos Enredos de Cervo, tamén hai clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida
Relacionado
-
Alfonso Villares subliña en Cervo a importancia de conservar o patrimonio inmaterial vencellado a costa galega
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia
-
A VIII Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación de Cervo terá lugar na Praza do Souto o sábado, 4 de maio