Lugo, 5 de agosto de 2022 . A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a concesión de axudas para a organización de actividades no marco do programa “Da Escola á Granxa” de área de Medio Rural.
As achegas, dirixidas a asociacións de nais e pais, teñen como obxectivo poñer en valor os produtos de proximidade e o sector primario para as xeracións máis novas, financiando visitas a gandeirías, producións agrícolas e pequenas empresas agroalimentarias asentadas no rural, así como outras actividades de divulgación e sensibilización vinculadas ao medio rural.
En total, atendendo ás solicitudes presentadas, a área dirixida por Mónica Freire colaborará no financiamento de 72 actividades, organizadas por máis dunha trintena de anpas distribuídas por toda a provincia.
A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, explicou que “a través destas visitas e actividades, que empezarán a desenvolverse a partir do inicio do curso, nenos e nenas de infantil e primaria, poderán achegarse a gandeirías e producións agrarias e coñecer de primeira man o traballo cos animais e cos cultivos, participar en obradoiros de elaboración de alimentos ou noutras propostas didácticas ligadas ao coñecemento da contorna e á educación ambiental”
A área de Medio Rural da Deputación investiu un total de 40.000 euros neste programa co que pretende tamén contribuír a consolidar unha oferta de recursos e servizos educativos arredor do sector primario e visibilizar referentes no rural. A resoluciòn, coa listaxe de entidades beneficiarias, publicarase a vindeira semana no Boletín Oficial da Provincia.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



