Foz, 4 de agosto de 2022. Este mércores, 3 de agosto, publicouse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a resolución da adxudicación do contrato de redacción do proxecto e construción da nova EDAR de Foz por 11,94 millóns de euros (2,3 % de baixa) á Unión Temporal de Empresas conformada por Espina y Delfín SL e Construcciones y Canalizaciones José Saa SL. A obra é financiada nun 80 por cento pola Unión Europea, a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, e o 20% restante polo ente público autonómico Augas de Galicia. O Concello de Foz é o responsable da posta a disposición dos terreos necesarios para a obra, para o cal xa fixo todos os trámites plenarios necesarios e a Xunta de Galicia debe declarar agora o carácter urxente da expropiación.
A oferta marca un prazo para a redacción do proxecto construtivo, a execución da obra e a posta en servizo da nova depuradora de 33 meses desde a formalización do contrato. Segundo os informes publicados, o adxudicatario plantexou un bombeo directo desde o tanque de treboadas ata a nova EDAR, mantendo o bombeo previsto na Avenida de Viveiro unicamente para o caudal recollido en Llas 2.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “o prazo de execución de 33 meses inclúe 3 meses para a redacción do proxecto construtivo, 18 meses de obra e 12 meses para a posta en marcha da nova EDAR. Parécenos un prazo realmente curto, especialmente no tocante á redacción do proxecto, que é complexo. Entramos agora en fase de redacción do proxecto construtivo: despois de varias reunións con Augas de Galicia agardamos formar parte da supervisión do proxecto que se redacte, xa que vamos ser os mantedores da infraestrutura. Queremos o mellor proxecto posible: despois de máis de 5 anos de atraso no convenio asinado non nos importa agardar dous meses máis, o que nos preocupa é que a infraestrutura funcione e resolva o grave problema de depuración que temos no noso concello”.
O rexedor municipal continúa: “imos colaborar todo o posible con Augas de Galicia para conseguir entre todos a nova depuradora canto antes, pero esixindo un proxecto cunha boa solución técnica: se comeza a construción a inicios do vindeiro ano será unha boa nova. Hai que agradecer ás administracións que financian a obra, Unión Europea e Xunta de Galicia, o esforzo económico para conseguir unha Ría de Foz limpa e saneada”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



