
Burela, 11 de agosto de 2022. O Concello de Burela informou esta maña da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que vén a ratificar o correcto procedemento da entidade local na aprobación da ordenanza municipal de regulación de valados, parcelas vexetais e plantación de sebes, arbustos e árbores ornamentais, desestimando o recurso contencioso administrativo interposto polo grupo municipal do Partido Popular de Burela.
Ante as acusacións dos populares demandando a impugnación da ordenanza, alegando non ter sido sometida ao trámite de información pública nin terse publicado na web municipal para dar audiencia aos cidadáns, o TSXG desestima o recurso por non resultar vulnerado o procedemento de elaboración da norma, argüíndo que se deu cumprimento a todas as condicións de trámite de consulta pública e publicidade e información que esixe a lei. Neste senso, a ordenanza municipal elaborouse e foi aprobada para concretar o proceder dunha obriga xa recollida na lexislación sobre o peche de solares, indicando aos propietarios os pasos a dar para realizar estes peches e dotando de seguridade xurídica aos mesmos. Non comporta polo tanto ningunha obriga nova nin causa impacto económico, de xeito que nin incorre en desviación de poder, nin vulnera ningún dereito cidadán.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que a ordenanza “aprobada en pleno hai máis dun ano fundaméntase exclusivamente na intención de que os veciños propietarios saiban como proceder á hora de pechar os seus solares, unha obriga que xa teñen determinada pola lexislación supramunicipal, e que nós debemos especificar para facilitar o seu cumprimento, contribuíndo deste xeito ao coidado dos espazos da vila, á harmonización estética, á seguridade, control e ordenamento de Burela”. Lamentou a actitude do grupo municipal dos populares, que “reiteran a súa teima por atacar e cuestionar o traballo dos técnicos municipais, deslexitimando o seu bo facer e xudicializando unha acusación política sen ningún fundamento”. O rexedor asegurou “que non houbo un veciño ou veciña á que non se lle dera resposta ás súas consultas ou dúbidas, pois algúns deles acudiron ao concello para plantear determinadas cuestións”, refutando o argumento do PP “que pretende facer ruído e colar a mensaxe dunha suposta falta de transparencia, auto proclamándose defensores da cidadanía, cando o único que fixeron con este recurso foi facernos perder tempo e recursos que son de todas e todos”.
Llano manifestou que “o único que queremos e polo que traballamos é por unha Burela respectuosa co medio ambiente e funcional, sabendo a responsabilidade que temos como goberno e máis que satisfeitos co labor dos nosos técnicos, en contacto directo cos veciños, polo que agardamos que a oposición do PP tamén asuma a súa responsabilidade, deixe de poñer paos nas rodas, confundir á xente con populismo, e comece a traballar por Burela e deixe de priorizar os seus intereses partidistas que non benefician ao conxunto do pobo”.











López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



