Estes días cheguei a unha serie de fotos e imaxes construídas, mesmo debuxos, diferentes, e en diferentes lugares da rede, cunha semellanza: o aproveitamento da sombra dunha árbore (xeralmente, dunha árbore, pero tamén, con outras orientacións interpretativas, doutros obxectos, como galiñas á sombra dunha sinal de tráfico) por parte de xente e/ou outros animais nun día de Sol ‘de xustiza’. Nesas imaxes con seres a resgardo do Sol grazas a outro ser vivo e verde, que tamén nos subministra de osíxeno mentres nos protexe, soe acompañarse unha lenda do tipo “máis árbores, menos coches” ou semellante, a modo de reforzo expresivo da idea representada.
Por suposto, estou de acordo coa idea que pretenden, manifestada no pé de imaxe ou mediante diálogos dun ou outro xeito. Mais a interpretación das imaxes por medio dunha petición asociada a unha sentencia, como a citada “máis árbores, menos coches”, soe quedarse moi curta. As imaxes usadas amosan unha realidade que vai máis aló da interpretación rápida e chusqueira. En particular, a necesidade de protexernos do Sol; de algo que, sabemos, nos dá a vida na Terra, pero tamén, recibido en ‘moita cantidade’, nola quita, e o perigo incrementado ó asocialo como símbolo de altas temperaturas / cambio climático. Ou a chamada á atención sobre a falta de árbores, ata o de agora con tendencia a ser eliminadas da paisaxe urbanizada por aquelo de que quitan espazo e ademais, hai que mantelas, deixarlles terra (algo, como todos sabemos, que ‘mancha’), regalas, porque o asfalto do seu arredor non deixa que pase auga abondo, e recoller as súas follas cando se caen, para que asfalto e asociados sigan co seu aspecto, sen ser colonizados pola natureza rexeneradora. Falan tamén as imaxes, sen ser recollido polas palabras que as acompañan, da necesidade que temos desa mesma natureza para a nosa adaptación a un entorno ó que non estamos afeitos. E falan do agrupamento, da sociedade, do estar xuntos, para solucionar problemas de todos, problemas comúns… ou, de xeito alternativo, sufrir eses problemas en conxunto -aínda que, a este respecto, sabemos que polo momento sempre hai xente que sofre máis e outra que sofre menos-. Por suposto, a máis das cousas que as imaxes non indican de xeito explícito, pero están aí, como o seren acubillo de vida e formar parte do ecosistema de diversos animais.
Esas imaxes falan dunha viaxe clara. Da Utopía da Arcadia ou do Paraíso, con árbores que, espalladas, contribúen ó noso alimento a máis do equilibrio, harmonía e beleza do entorno, coas que estariamos integrados, pasamos á procura das árbores como último recurso, utilitario, ó que volvemos por necesidade. Por necesidade nosa nun mundo no que somos nós quen lles facemos a vida máis difícil. Si, tamén ás árbores, igual que a nós mesmos. Unha viaxe á distopía.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



