Colonia é unha célebre cidade alemá que deixa ver ós transeuntes do ferrocarril a súa mellor fachada catedralicia. Tamén é o nome que se lle dá á célebre auga que arrecende. Pero, sobre todo, hoxe en día, representa a dependencia dun territorio. Estiven a piques de poñer ‘en relación a outro’, que é o caso que primeiro se vén á cabeza, pero non só hai dependencias dese tipo. Pode haber, por poñer só algun caso ilustrativo, dependencia de capital extranxeiro de nacionalidade diversa, pasando a ser unha terra colonizada sen ter necesidade dun estado colonialista. Pode ser unha dependencia dun país extranxeiro, por suposto, pero tamén doutra parte do mesmo estado, á que non se lle chamaría extranxeiro sen pensalo dúas veces. Mesmo pode ser unha dependencia interior, de capital centrado da propia terra, co que unha pequena minoría controla de xeito exclusivo os recursos de todos. Por non falar doutras posibilidades como a existencia de monocultivos (en termo amplo, agrarios, industriais ou mesmo de servizos) que fan inviable a independencia do exterior no que non sexa ese monocultivo.
Hai tempo que por estas terras se levaba a chamada ‘autarquía’, “Sistema económico baseado na posesión dos recursos necesarios para abastecer as propias necesidades e vivir exclusivamente deles”, é dicir, o non ter intercambios co exterior. E considerouse malo non ter eses intercambios. Gamén se ocnsidera malo o contrario, unha interdependencia total como a globalización ‘indiscriminada’ que o mesmo trae laranxas de 10000 km de distancia en avión que envía móbiles a desguazar a outros 10000 km, mentres fai posible que unha considerable cantidade de cartos se poda mover sen fronteiras arredor do globo e en contraposición non permite pasar uns metros máis aló a segundo que poboación.
É evidente que os intercambios poden ser bos para todos. Unha estratexia das que din ‘win-win’. Pero tamén é evidente, aínda que ás veces parece que se tente ocultar, que intercambio en demasía non pode ser bo máis que para unha minoría. Poñamos un exemplo sinxelo, un produto calquera que se fabrica en China, pasa por Holanda (non ten por que ser fisicamente, chega con que sexa de xeito virtual) e é reexportado a España, máis próxima á China por barco, medio de transporte da mercadoría. Ou un quilo de arroz producido en España, mercado por Italia e reexportado (de novo non ter por que ser de xeito físico) para o seu consumo en Galicia. Coido que son exemplos sinxelos onde fago intervir estados para identificar mellor os lugares que se o fixera nomeando empresas multinacionais con marcas adaptadas a cada lugar, que moitas veces identificamos como ‘de aquí’ cando teñen a matriz a milleiros de quilómetros.
E así, resulta que a pouco que se mire rematamos sendo colonia. Pero non dunha soa entidade, o que facilitaría a identificación do feito, senón dunha mistura de entidades que é difícil de identificar e polo tanto, máis difícil de liberarse delas. É dicir, máis difícil deixar de ser colonia.








Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



