Foz, 29 de agosto de 2022. Un veciño da parroquia focense de San Martiño, Antonio Pacio, produce mel que comercializa co nome de San Gonzalo e en envases que levan a imaxe da basílica. Recibiu a visita do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e do concelleiro de Turismo e Comercio, Chema Linares, quen dixo: “todo o noso apoio para este produtor local que decidiu dedicar o seu tempo e esforzo a esta tarefa e os resultados están aí porque o mel está moi bo”.
O edil de Turismo comentou tamén que “ademais os envases levan na etiqueta a imaxe da Basílica, o que supón outra vía de promoción desta catedral. Hai que apostar polos produtos de proximidade coma este, un mel que debería estar en todas as nosas mesas e nos establecementos hostaleiros polas boas propiedades que se lle atribúen. Desexámoslle moita sorte a este produtor focense”.
Antonio Pacio explicou: “estou na Asociación Galega de Apicultura e, como pequeno produtor, podo vender por proximidade. É un mel natural cen por cen e a etiqueta que poñemos nos envases serve para promocionar este mel da terra e tamén San Martiño. Agora teño 15 colmeas nunha finca que preparei durante o confinamento pola pandemia e teño previsto esmelgar dentro dun mes ou un pouco antes, depende do tempo; calculo que a produción deste ano será duns 200 quilos aproximadamente”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



