Abadín, 10 de setembro de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza a bo ritmo nas obras de mellora da estrada autonómica LU-113 ao seu paso polo concello de Abadín, segundo constatou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, durante unha visita para comprobar a marcha das actuacións.
Arias explicou que a intervención comezou en agosto e o bo tempo axudou a traballar con axilidade. Así, esta semana está previsto finalizar a fase de rehabilitación do firme existente para executar a continuación os drenaxes laterais e as cunetas de formigón, actuacións previas á extensión da nova capa de rodaxe.
“Poñemos todos os medios necesarios co obxectivo de rematar as obras dentro deste ano se o clima o permite”, salientou Arias. Lembrou que o proxecto céntranse no acondicionamento dos últimos 7,8 km da LU-113, o treito entre Moncelos e Abadín, o que redundará na mellora da seguridade e prestacións da vía.
A Xunta destina 2,2 millóns de euros a estas obras, que se realizan desde o punto quilométrico 22+800, á altura do enlace coa estrada LU-121, ata o remate da estrada no quilómetro 30+600, na conexión coa autovía do Cantábrico.
Descrición das obras
As actuacións consisten na reparación das zonas que presentan fisuras e os treitos máis deteriorados en zonas puntuais ou con esgotamento estrutural do firme, complementadas con outras intervencións co fin de adaptar a vía ao tráfico que soporta e optimizando a súa vida útil.
En concreto, realízanse fresados localizados e reponse o pavimento con mestura bituminosa. Para mellorar a drenaxe da estrada executarase unha cuneta de seguridade revestida en formigón, que disporá de tubo dren para evitar as filtracións á explanada. Proxéctanse ademais un conxunto de intervencións de reforzo da seguridade como cunetas, sinalización horizontal, tacos de resalto ou captafaros.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



