A día de hoxe toda a atención sanitaria recae sobre una única facultativa, que atende a carteira de tres profesionais, persoas desprazadas e domicilios
Barreiros, 12 de setembro de 2022. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixirse novamente ao conselleiro de sanidade para poñer no seu coñecemento a situación que se está a vivir no centro de saúde da localidade; onde a día de hoxe só hai unha médica para a atención sanitaria.
Esta situación, que se reproduce tras un verán no que a presión asistencial no centro de saúde foi moi elevada ao non existir reforzo de persoal, supón que a atención que a profesional pode prestar sexa escasa en tempo e chega mesmo a afectar a trámites básicos, como a emisión de informes de saúde para a tramitación municipal de expedientes de servizos sociais, como dependencia ou servizo de axuda no fogar”.
Ana Ermida explicou que “é lóxico que unha soa persoa non poida atender coa calidade que merece a 3000 persoas, máis a xente desprazada que segue habendo, saíndo a domicilios e a urxencias. Por iso, esta falta de persoal non fai máis que abondar nunha constante presión sobre os profesionais que cada vez ven como teñen menos tempo para as consultas e teñen que atender pacientes que precisan dun estudo da historia clínica para o que tampouco teñen tempo”.
Neste sentido, a rexedora comunicoulle ao máximo dirixente da sanidade galega que “a falla de persoal no SERGAS non só afecta á poboación que precise atención sanitaria, senón que está afectando e retrasando outro tipo de atencións sociais que, en moitos casos, son urxentes e imprescindibles”.
Por todo isto trasladoulle a preocupación e o malestar existente coa xestión que se está a realizar dos centros de saúde -reducindo a atención e degradando a existente- que desembocará, de non solucionalo, en graves problemas sociais.
Desde o Concello de Barreiros xa se teñen dirixido en numerosas ocasións á consellería de sanidade para que dote do persoal necesario o centro de saúde para garantir unha atención sanitaria digna.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



