Foz, 15 de setembro de 2022. O Concello de Foz saca a licitación un plan de mellora de camiños en parroquias por 136.000 euros, que se suman a outras obras cun investimento de 290.000 euros que están en distintas fases de execución e licitación.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia hoxe, xoves, a licitación de obras de inversión en distintas parroquias de Foz por 136.235,45 euros. O prazo de presentación e ofertas remata o 3 de outubro e son financiadas con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación de Lugo. “Estamos traballando para mellorar os viais e as infraestruturas en toda a zona rural do noso concello, na que hai uns 4.500 habitantes. Desde que estamos no goberno eliminamos a fenda dixital, xa que se conseguiu estender a fibra óptica polas nove parroquias de Foz. E neste contrato que sacamos a licitación incluímos obras ben importantes, como a renovación de firme en 450 metros de camiños nos barrios do Raxal e de Ribela, en Cangas, con aglomerado en quente; a renovación da rede de abastecemento e aglomerado en quente no barrio da Barrosa, en Nois; continuaremos co aglomerado en quente no barrio de Morgallón, en Fazouro, con case 400 metros de viais; procederase ao asfaltado de case 650 metros de camiños en San Acisclo con dobre rega asfáltica, no Redondo; en San Martiño, nos barrios dos Carrís e Vilacendoy, con 350 metros de viais con aglomerado en quente; e algo máis de 1 quilómetro de actuacións en Vilaronte, con dobre rega asfáltica nos barrios da Silvarosa, Mobrea e o Cal”, especifica o rexedor municipal.
Saneamento en Mañente
Fran Cajoto engade: “quedan moitas actuacións pendentes, pero estamos a traballar para poder dotar a Foz dunha rede viaria e de servizos acorde cos tempos nos que vivimos. Neste sentido tamén están en licitación dúas actuacións de mellora do saneamento en Mañente, na parroquia de Vilaronte: está en contratación a execución dun colector xeral de saneamento no alto de Mañente, paralelo á estrada provincial LU-P-2004 para dar servizo a 5 vivendas que actualmente carecen de conexión á rede do alcantarillado. Trátase dunha actuación de case 15.000 euros para dispoñer un colector de PVC que se conectará á rede xeral de saneamento e permitirá dotar deste servizo a unha zona moi poboada”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



