Foz, 15 de setembro de 2022. O concelleiro focego de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030, Carlos García, participou hoxe, xoves, nun programa de radio sobre o cambio climático que se emitiu desde o Castelo de Santacruz, sede co CEIDA, na localidade coruñesa de Oleiros, para máis de 300 emisoras municipais e comunitarias de todo o estado, entre elas Radio Foz. O edil falou do proxecto Foz2030 como exemplo de instrumento de traballo na sustentabilidade a nivel municipal.
Carlos García agradeceu a invitación a participar neste espazo, no que se referiu a accións ambientais desenvolvidas no concello de Foz, partindo do peche do vertedoiro de lixo de Malates, no ano 1999, e a recuperación medio ambiental da ribeira do río Masma, que se converteu nun bosque con especies autóctonas plantadas por escolares e membros de asociacións focegas. Tamén resaltou que Foz foi un dos primeiros concellos en levar os residuos á planta de tratamento coruñesa. O concelleiro propón que “o espírito medioambiental de Malates sexa un exemplo para os máis novos sobre a que edificar un conciencia de vila máis comprometida co medio”.
Á emisión do programa en directo desde o castelo de Santa Cruz, en Oleiros, que alberga o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), asistiron un centenar de escolares da provincia da Coruña.
Esta iniciativa, denominada Onda ODS, terá continuidade desde o vindeiro luns 19 todos os días laborables ás 9 da mañá e ás 9 da noite. Está impulsada por Radiofusión, en colaboración con Emisoras Municipales de Andalucía, RTV Cardedeu La Xarxa e a Rede Estatal dos Medios Comunitarios. Onda ODS conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



