Os proxectos céntranse na educación, o acompañamento social e o reparto de alimentos
Viveiro, 22 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Benestar Social, pide á colaboración dos veciños e veciñas para sumarse como voluntarios/as en distintos proxectos promovidos dende a Oficina Municipal de Voluntariado.
“As persoas voluntarias poderán integrarse en catro proxectos distintos, centrados na educación, o acompañamento social e o reparto de alimentos, todos eles dirixidos a colectivos desfavorecidos”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social, quen destaca o “importante esforzo que realiza a Oficina de Voluntario nestes proxectos”.
A primeira iniciativa, o “Proxecto de Apoio Educativo a Menores” consiste en facilitar axuda escolar a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos durante o curso escolar.
Doutra banda, o “Proxecto de Alfabetización de Adultos”, busca que a formación básica sexa un instrumento para a normalización e inclusión dos colectivos desfavorecidos, cunha actuación dirixida ás persoas cun baixo nivel formativo.
“Nestes dous proxectos precisamos a colaboración de persoal voluntario que teña formación na área educativa e/ou social”, sinala Mar Lago, técnica da Oficina de Voluntariado e coordinadora desta iniciativa.
Tamén se desenvolverá un “Proxecto de Acompañamento Social”, que precisa de persoal para as seguintes actividades: paseo, acompañamento de citas médicas (hospitais, centros de saúde…). Para este proxecto, as persoas voluntarias deben posuír carnet de conducir. Por último, impulsarase un “Proxecto de Reparto de Alimentos Perecedoiros” que consiste na recepción e distribución de alimentos entre as familias máis vulnerables.
As persoas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais deben chamar ao Centro de Servizos Sociais, en horario de 9.00 a 14.00, ao teléfono 982550421.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



