Castiñeira espera “que a Deputación de Lugo aumente o financiamento para os GES nos próximos orzamentos, algo que tamén repetiremos no debate dos orzamentos cando teña a ben levalo ao pleno o presidente”
Lugo, 26 de setembro de 2022. A seguridade dos cidadáns ten que ser unha prioridade na xestión institucional, especialmente na Administración máis inmediata aos veciños, que é a local. Para a seguridade dos cidadáns, de maneira destacada nas zonas rurais, xogan un papel fundamental os Grupos de Emerxencia Supramunicipal. O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, anuncia: “O PP levará unha moción ao próximo pleno para instar ao goberno provincia (PSOE-BNG) a unha maior implicación nos GES, un servizo moi necesario, que precisa modernizarse”. Os populares demandan que a Deputación, no exercicio das súas competencias legalmente atribuídas, renove o convenio para dar continuidade aos Grupos de Emerxencias Municipais (GES) da provincia de Lugo, no que se inclúan as melloras necesarias, para garantir, nas condicións máis adecuadas, a prestación dun servizo esencial para os veciños e veciñas.
Castiñeira sinala: “A Xunta xa dispuxo fondos, que pasan de 11 millóns de euros no período 2019-2021 ata os 40 a partir deste ano. As deputacións de Lugo e de A Coruña non tiveron a mesma implicación; si a tivo a Deputación de Ourense, que cooperará, como corresponde a estes organismos provincias, cos concellos, especialmente neste caso, coa protección civil, que son competenciais locais en municipios de menos de 20.000 habitantes”.
Os populares lembran que na provincia de Lugo hai varios GES rurais. Consideran necesario crear condicións de maior seguridade a hora de atender as emerxencias, incluída a extinción de incendios forestais. Castiñeira di que “probablemente sexan un dos servizos máis recoñecidos polos veciños pola súa inmediatez. Queremos que se firme o convenio coa Xunta; non podemos xogar coas emerxencias”.
Castiñeira explica: “É necesario que se firme ese convenio coa Xunta de Galicia para que se poida igualar o financiamento e non pase como está pasando nalgún concello, como en Becerreá e A Fonsagrada, que deixan unha zona da montaña sen GES, tanto pola falta de implicación dos gobernos locais como da Deputación de Lugo”.
Os populares esperan que socialistas e nacionalista apoien a súa iniciativa, para que a “Deputación de Lugo aumente o financiamento nos próximos orzamentos, algo que tamén repetiremos no debate dos orzamentos cando teña a ben levalo ao pleno o presidente”.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



