Foz, 26 de setembro de 2022. O Concello de Foz presentará este martes, 27 de setembro, o proxecto de arquivo dixital dos fondos históricos documentais dixitalizados previamente polo propio Concello. o acto celebrarase ás 12.00 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura focega e estará aberto ao público ata completar aforo.
Este arquivo é un escaparate virtual orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial do Concello de Foz, que ofrecerá de forma rápida e estructurada unha gran cantidade de información na rede, permitindo localizala de xeito intuitivo e axilizar a localización de datos na páxina web https://arquivoconcellodefoz.com/.
Con esta web póñense a disposición do público multitude de imaxes, vídeos e outro material de diversa orixe e tipoloxía, que permitirán entender e coñecer a evolución e a tradición da historia mariñeira en Foz.
O arquivo dixital do Concello de Foz insírese dentro dun proxecto máis amplo do Concello de Foz para a posta en valor dos seus fondos documentais históricos. Esta acción contou cun orzamento de 16.431,80 euros, financiado integramente polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, con cargo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca que xestiona a Consellería do Mar.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, pon en valor un proxecto que nos permitirá conservar “un patrimonio que corría risco de desaparecer. Teño que agradecer ao GALP -e especialmente ao seu presidente, Javier Martínez, e á xerente, Verónica Díaz- a comprensión e a sensibilidade cunha acción que financian integramente. E por suposto a todos os colaboradores, que aportaron multitude de vídeos e fotografías que dende mañá xa poderemos consultar comodamente desde as nosas vivendas. Levan moitos anos de forma desinteresada recompilando a historia de Foz a través da imaxe e sumáronse a un proxecto que é común, de todo un pobo. É un proxecto realmente bonito, ábrenos unha ventá ao pasado mariñeiro de Foz e a moitas vidas de esforzos e traballos”.
A concelleira de Cultura, Inés López, quere tamén agradecer o traballo e esforzo da arquiveira municipal e anunciar que non é un proxecto rematado senón que continúa para facerse máis grande: “queremos que todo o mundo achegue as súas fotografías e vídeos antigos, para poñer en valor a historia do noso Concello e que se estenda máis alá do noso gran pasado mariñeiro. En vindeiras datas -pendentes de concretar- e en colaboración coas asociacións de veciños imos achegarnos a todas as parroquias para dixitalizar fotografías cun ordenador e un escáner portátil. Este é un proxecto de todas e todos, do que nos sentimos ben orgullosos”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



