A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na reunión do grupo de traballo de pesca da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas (CRPM)
Bruxelas, 6 de outubro de 2022. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe a importancia da unidade entre rexións pesqueiras europeas para defender á frota ante o veto da Comisión Europea á pesca de fondo. Nesta liña, incidiu na necesidade de que o Goberno central, como Estado membro, siga traballando na vía do recurso e pediu celeridade neste labor. Ademais, engadiu, Galicia considera fundamental insistir na suspensión temporal da medida e avanzar tamén nas xestións políticas co obxectivo de acadar unha moratoria.
Isto, explicou, permitiría gañar tempo para presentar todos os informes técnicos e científicos necesarios e dos que carece esta decisión unilateral da Comisión Europea, así como salvar unha campaña tan importante como é o Nadal para o sector pesqueiro. Así o expuxo na reunión do grupo de traballo de pesca da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), onde estivo acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
En relación ao anuncio do Goberno central de que Bruxelas deixará sen efecto o veto en 41 das 87 áreas, Rosa Quintana apelou á cautela pois o Executivo estatal aínda non trasladou oficialmente a Galicia esa suposta decisión. Neste sentido, a Xunta considera que debe materializarse nalgún texto legal ou documento pois o regulamento recolle claramente que a prohibición afecta ás 87 zonas recollidas no seu anexo. Ademais ve primordial aportar seguridade xurídica ao sector e garantías ante a incerteza da frota en relación ás zonas nas que pode realizar a súa actividade e de que xeito.
De confirmarse isto, subliñou Rosa Quintana, sería unha noticia relativamente positiva, pero non a solución ao problema, xa que Galicia cuestiona todo o regulamento.
Falta de rigor e posible impacto
Neste sentido, a titular de Mar tamén fixo fincapé no dubidoso sustento legal e científico deste regulamento no que faltan pasos e documentos clave como a análise de impacto socioeconómico e información rigorosa, xa que se asenta sobre datos desactualizados dunha soa arte de pesca. Ademais, Rosa Quintana engadiu que a súa tramitación se realizou con escasa consulta e transparencia e que se aprobou sen un acordo unánime nin maioritario da Unión Europea.
En canto á incidencia que podería ocasionar o veto -publicado no Diario Oficial da Unión Europea e que entrará en vigor o próximo domingo-, a titular de Mar lembrou que, en termos xerais, tería un impacto na economía galega de máis de 800 millóns de euros. A maiores explicou que pode chegar a afectar a máis de 4.400 tripulantes -arredor do 40% do total na comunidade-, que repercute directamente na actividade de máis de 200 barcos de capital galego, e que pode afectar a outros 900 de xeito indirecto, co seu consecuente impacto nas vendas en lonxa, nos salarios das tripulacións e na prestación de bens e servizos, entre outros aspectos.
Entre as consecuencias desta prohibición, que ademais de a España tamén afecta a Francia, Irlanda e Portugal, a conselleira destacou que provocará o desprazamento da frota afectada cara a outras zonas que se verán sobrecargadas. De aí, insistiu, a necesidade de establecer contactos directos con representantes doutras rexións afectadas do mesmo xeito que Galicia está facendo con outras comunidades autónomas españolas xunto ás que ofreceu apoio ao Goberno estatal na presentación do recurso contra o regulamento de execución que veta a pesca de fondo.
A CRPM
A Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas nace no 1973 e reúne a unhas 160 rexións de 24 estados da Unión Europea e doutros países. Ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento máis equilibrado do territorio europeo e orienta a súa acción cara a toma en consideración das necesidades e dos intereses das súas rexións membro nas políticas de grande impacto territorial. Céntrase principalmente na cohesión social, económica e territorial, as políticas marítimas e o crecemento azul e a accesibilidade.
Tamén son áreas da súa actividade a gobernanza europea, a enerxía, o cambio climático, a veciñanza e o desenvolvemento. O encontro celebrado hoxe en Bruxelas é previo á 50ª Asemblea Xeral da CRPM que terá lugar o 26 e 29 de outubro en Creta e na que se abordarán temas relacionados co futuro da actividade extractiva e a Política Pesqueira Común.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



