NOTA DE PRENSA:
ESTELLER: ‘VOLVO Á LIGA ESPAÑOLA PARA XOGAR NUN EQUIPO MOI EQUILIBRADO’
Despois de dúas tempadas na liga italiana, cunha pequena parada no Playas de Salou, Adriá Esteller Cortina, un dos inquilinos máis recentes do Burela FS, confesa sentirse afortunado por vestir de laranxa en 2010-11. “Volvo á liga española para xogar nun conxunto moi equilibrado; para min é unha sorte ter a oportunidade de formar parte dun equipo de referencia en Prata como é o Burela FS, un dos habituais dos play-off de ascenso a Honra tempada tras tempada” declarou o ala na compaña do presidente mariñán, José Ramón González Casas.
“O Burela FS deste ano é unha mestura moi bonita entre xuventude e a base sólida doutros exercicios” dixo o catalán en relación co cadro burelista 2010-11. A moitos dos seus actuais compañeiros xa os coñecía como rivais, da súa etapa en Albacete e Zamora, pero tamén contaba con información ‘top secret’ dun ex-burelista moi próximo, Gerard Esteller: “Xa tiña moi boas referencias dalgúns xogadores, como Juanma ou Minu, cos que coincidiu meu irmán no equipo; Gerard tan só ten palabras de respecto para o Burela FS e nos primeiros días aquí xa o estou confirmando”.
Esteller agradeceu o recibimento e destacou o gran traballo que se está desenvolvendo no club. O catalán salienta por riba de todo a importancia dos logros colectivos. “Este grupo ten velocidade, xogo entre liñas, un contra un…, pero máis alá das habilidades individuais, que non se poden cuestionar neste cadro, debemos pensar nun obxectivo único para que as cousas saian ben”.
Con respecto á duración da liga e á novidade da Copa do Rey, o ala móstrase optimista. “Esta vai ser unha tempada moi rifada con moito desgaste e cunha final cada fin de semana, pero estou seguro de que coa preparación de Suso Rey estaremos nas mellores condicións para afrontar calquera competición” concluíu Esteller.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
