O edil de Educación, Jose Díaz, agradeceu tamén a implicación do Hospital de Burela neste obradoiro, nomeadamente da súa directora Mª José Cortés e do coordinador Tarek Abadi
Burela, 14 de outubro de 2022. O edil de Educación do Concello de Burela, José Díaz, felicitou esta mañá á Asociación Esperanza contra o cancro pola organización da xornada que se desenvolveu na Praza de Abastos para concienciar ao alumnado dos Ceip Vista Alegre e Virxe do Carme sobre esta enfermidade.
A formación, impartida por persoal do Hospital Público da Mariña, achegou información sobre distintos aspectos do cancro aos nenos e nenas adaptando as explicacións ás súas idades, “formando dun xeito didáctico e entretido sobre esta enfermidade tan dura que tanto estigma causa na sociedade”, explicou José Díaz, destacando a implicación “de todas as persoas involucradas na organización”.
O concelleiro tamén destacou o labor de organización “dos pediatras do Hospital de Burela, aos cales agradezo tamén, así como á directora, Mª José Cortés e ao coordinador deste equipo de traballo, Tarek Abadi”.
Díaz puxo de relevo “o compromiso de divulgación que hai desde a Asociación Esperanza, así como a predisposición e profesionalidade do persoal do hospital nesta xornada que ogallá poda repetirse para que os máis pequenos e pequenas adquiran coñecementos sobre os problemas que causa o cancro e as medidas de prevención que se recomendan”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



