Daniel Castro: “Por que o Partido Popular se empeñan en paralizar unha infraestrutura que daría beneficio e futuro á comarca da Mariña?”
Santiago de Compostela, 14 de outubro 2022. O BNG reclama para Valadouro e a súa comarca a construción dun polígono industrial que o PP ten paralizado dende hai 15 anos. Ditas obras foron planificadas pola Consellería de Vivenda e Solo, baixo a responsabilidade do BNG entre 2005 e 2009, pero non se executaron porque o Partido Popular ten o proxecto aparcado desde que chegou ao Goberno da Xunta.
O deputado por Lugo, Daniel Castro, denunciou que o Executivo popular “pon pau nas rodas en lugar de facilitar a posta en marcha dunha infraestrutura que é vital para o concello de Valadouro”. Neste sentido, acusou ao PP de ter parado un proxecto que favorecería a chegada de máis empresas: “É o propio empresariado da zona quen fai esta denuncia abertamente”, destacou na súa intervención parlamentaria, na que defendeu a creación de máis solo industrial na comarca da Mariña para favorecer a implantación de novas actividades empresariais.
Unha comarca, remarcou, “que nos últimos anos só recibiu malas noticias en termos industriais por parte dun Executivo galego que ten a competencia en materia de política industrial”. De feito, denunciou que dende que goberna o PP “sucedéronse os peches, os despedimentos e as deslocalizacións de empresas na Mariña, o que sumado á situación de ALCOA e do sector pesqueiro, -agora co veto á pesca de fondo-, xera unha enorme incerteza e preocupación na comarca”.
Precisamente para contrarrestar este momento de crise, son urxentes equipamentos e infraestruturas como a que aportaría ao concello e ao conxunto da Mariña o parque industrial do Valadouro que o Partido Popular se empeña en vetar desde a Xunta.
O deputado nacionalista preguntouse “cal é a razón para que o Goberno do PP se negue a apoiar algo que daría beneficio e futuro a xente da Mariña”, sobre todo cando o concello xa dispón dos terreos. “Son unha decepción para a veciñanza de Valadouro, que leva dez anos vendo como a Xunta do PP paraliza unha iniciativa que todas e todos queren, persoas ás que se lles nega o futuro na súa terra”, concluíu.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



