O Deputado de Participación Cidadá asistiu xunto á Alcaldesa viveirense e Deputada de Muller e Igualdade á inauguración da cuarta edición da mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional que promove o Concello mariñán
Lugo, 17 de outubro de 2022. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este luns xunto á Alcaldesa de Viveiro e Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, na inauguración de Superarte, que se desenvolve na localidade mariñá ata o 23 de outubro. A Deputación de Lugo apoia esta iniciativa “en favor da inclusión, da diversidade e dos valores sociais”, explicou García Pernas.
O Deputado felicitou á rexedora e ao seu equipo de Goberno por promover este proxecto, co que “poñen de manifesto o seu fondo compromiso coas políticas sociais, aquelas que contribúen a facer mellor, máis igualitaria e máis xusta a nosa sociedade”, e que tamén centran a acción do Executivo provincial. “Entendemos que a Administración local, na medida que somos a máis próxima á veciñanza, ten que involucrarse dun xeito especial nestas políticas”, sinalou Roberto García Pernas.
Neste sentido, incidiu en que “a diversidade funcional precisa aínda visibilidade para avanzar no camiño da normalización, e empregar a cultura como mecanismo para darlle presencia e voz é un gran acerto”. Superarte, engadiu, tamén “di moito do carácter loitador e solidario de Viveiro e de toda A Mariña. Unha comarca que sempre ten presente os valores fundamentais de convivencia e solidariedade, e que sempre loita por superar as circunstancias adversas”.
A mostra de teatro compleméntase durante toda a semana con charlas, contacontos, un mercado e un concurso en colaboración co Centro Comercial Histórico viveirense.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



