No PP din a Tomé que non foi boa idea, nin para el nin para a provincia, que asumira tantas responsabilidades, “porque como di o refrán o que moito abarca pouco aperta”
Lugo, 26 de outubro de 2022. Unha gran parte das estradas que dependen da Deputación están en moi mal estado. Na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o pasado martes, ao fío do debate dunha moción popular, o presidente, José Tomé, tratou de eludir responsabilidades a pesar de que é o responsable directo da área que xestiona Vías e Obras. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “onte, no pleno, vivimos un novo episodio das pifias do señor Tomé, concretamente ao debater sobre as estradas da provincia, incluídas as da Deputación de Lugo, que tanto descontento suscitan entre a poboación lucense”. No pleno, os populares aseveraron que é o peor delegado que xamais houbo nesta área, “un delegado de zapato e garabata, que só aparece para as fotos das reportaxes de propaganda”. Engade Castiñeira: “Diante da presión que o PP imprimiu ao debate, o presidente, na súa tometina final, e xa farto de escoitar a realidade do estado das estradas provinciais, asegurou que el non é o delegado de Vías e Obras”.
O portavoz popular sinala: “No grupo provincial quedamos abraiados polo que escoitabamos; o señor Tomé, mediante decreto do 24 de xullo do 2019, no que se repartiron as áreas, asumiu a xestión territorial; pois ese mesmo Tomé afirmou onte que agora xa non o é. Para cortar as cintas de obras si o é, par sacar as fotos si o é, para saír nos periódicos, si o é; para escoitar as críticas e patear as estradas, non o é”.
Castiñeira declara: “O peor que escoitamos onte non foron as pifias de Tomé; o peor foi ver aos seus compañeiros xustificar que o presidente asumira as competencias en Vías e Obras, que é a máis complexa de todas as áreas, sen recoñecer que o único motivo para facelo é a falta de confianza neles mesmos, supoñemos que para que non pasara o que pasou co señor Martínez en mandatos pasados. Non foi boa idea, lle dixemos, nin para vostede nin para a provincia que asumira tantas responsabilidades, porque como di o refrán o que moito abarca pouco aperta”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



