Lugo, 26 de outubro, 2022. O premio reafirma á institución lucense como modelo de concienciación a favor do desenvolvemento sustentable pola súa loita contra o cambio climático, divulgación do patrimonio natural e promoción da Axenda2030. É o terceiro galardón consecutivo outorgado polo Consello Social da UNED a unha boa práctica do centro lucense, cunha dotación de 5000 euros. A iniciativa premiada está dirixida por Ana Belén Traseira, e Carlos García, e inclúese no proxecto #LugoNaturalMente o cal ten como finalidade concienciar da necesidade de vivir dun modo máis sustentable, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar o dezasete grandes Obxectivos da Axenda 2030 que contribúen a preservar o planeta e facer posible un futuro máis próspero para as xeracións vindeiras.
O proxecto premiado consiste na selección de 17 efemérides anuais, coa finalidade de profundar na difusión de cada unha delas, a través dunha peza audiovisual breve e dunha conferencia gratuíta, emitida en directo e diferido a través da canle de YouTube do centro, e impartida por un profesional de recoñecido prestixio. Por exemplo, o día da loita contra o cambio climático contouse coa participación da directora da Cátedra UNESCO de Educación Ambiental da UNED.
Implicouse a institucións públicas, empresas, colectivos profesionais, asociacións, ONG, … de ámbito local para que participen e así poder conformar un coñecemento eficiente de proximidade, contribuíndo deste xeito ao desenvolvemento territorial sustentable. Deuse a coñecer a través desta iniciativa diferentes enclaves do patrimonio natural da provincia de Lugo e mostráronse proxectos que poderían replicarse noutros puntos da nosa xeografía e que contribúen, notablemente, á sustentabilidade e á loita contra o despoboamento rural lucense.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



