A tramitación destes parques, ao superar cada un deles os 50MW, depende do Goberno central, polo que desde Galicia se agarda que colabore na súa axilización para que a empresa poida contar canto antes cun prezo eléctrico competitivo
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022. O Consello da Xunta acordou esta mañá impulsar a tramitación de tres proxectos eólicos cos que a empresa Alcoa San Cibrao trata de abaratar a factura eléctrica, requisito indispensable para poder reactivar a produción de aluminio primario, actualmente parada polo encarecemento do prezo da luz. Deste xeito, a compañía podería afrontar con maiores garantías os seus retos a futuro e, polo tanto, gañar en competitividade.
Galicia acóllese, por segunda vez, á figura da excepcionalidade -tras o acordo con respecto a dous proxectos eólicos que poderían beneficiar á planta de Showa Denko na Coruña-. Esta posibilidade está recollida na lei para declarar estes parques -Borrasca (84MW), Monzón (50,4MW) e Ventisca (89,6MW)- como proxectos cunha clara incidencia territorial pola súa entidade socioeconómica e cunha función vertebradora e estruturante do territorio, o que permitirá -no caso de aprobarse- a súa execución fóra das áreas do Plan sectorial eólico de Galicia.
Ao tratarse de tres proxectos eólicos de tramitación estatal, xa que cada un deles supera os 50MW, Galicia agarda a sensibilidade do Goberno central para axilizar os parques e, desta maneira, apoiar unha industria electrointensiva como é Alcoa: os eólicos subministrarán enerxía eléctrica á planta, o que lle permitirá contar cun prezo competitivo que contribúa no futuro á súa viabilidade e a garantir o mantemento dos postos de traballo vinculados á planta de aluminio -tanto os empregos en Alcoa como na industria auxiliar e o sector do transporte e a loxística-.
Así, estímase que estes contratos PPA (Power Purchase Agreement, acordos de compra de enerxía) entre a compañía e a promotora dos parques eólicos -Greenalia prevé investir 267 millóns de euros-, achegarían o 9% das necesidades enerxéticas de Alcoa.
Ante a política enerxética do Goberno central e a falta de solucións concretas para a industria electrointensiva, Galicia está a demostrar novamente o seu compromiso con este sector. Cómpre lembrar que a Xunta xa declarou no ano 2020 esta industria como esencial e estratéxica para a súa economía.
De feito, a nova Lei de áreas empresariais de Galicia especifica que, sempre que cumpran coa normativa e con todas as garantías ambientais, se dará prioridade a aqueles proxectos eólicos que destinen o 50% da enerxía que produzan á industria asentada en Galicia para reducir a súa pegada de carbono. Os parques eólicos que se vinculen ás PPA poderán beneficiarse desta nova normativa que vai favorecer á industria no seu conxunto, como tamén xa están explorando outras empresas.
No caso concreto de Alcoa, ademais, a Xunta concedeu este ano unha axuda de 985.000 euros á planta de San Cibrao para a mellora da súa eficiencia enerxética. En concreto, a empresa investirá 3,4 millóns de euros para a substitución do consumo de fuelóleo por gas natural co obxectivo de reducir en preto dun 3% o consumo inicial, o que supón máis de 4 millóns de kWh ao ano.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


