Tras varias reunións co órgano autonómico, o Concello agarda agora polo seu informe sobre o documento
Viveiro, 12 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro informa que xa entregou o documento íntegro do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a emisión do seu informe.
A última reunión coa AXI tivo lugar en xullo deste ano e xa se incorporou ao PXOM todos os requirimentos realizados por parte da Xunta de Galicia, que é o que se vén facendo sempre, traballando de forma consensuada en beneficio dos intereses dos veciños e veciñas de Viveiro.
O Concello de Viveiro é consciente da importancia que a aprobación do PXOM ten para o desenvolvemento do municipio e, neste sentido, o seu impulso sempre foi unha prioridade. Nunca se deixou de traballar; ao longo da tramitación atopáronse moitos obstáculos, pero grazas ao traballo do Concello de Viveiro, o documento final xa está listo e enviado.
Por parte da Alcaldía, vense facendo un seguimento constante co equipo redactor sobre o punto concreto no que, en cada momento, se atopa a tramitación. Ademais, todos os concelleiros e concelleiras da Corporación son coñecedores das reunións mantidas polo Concello sobre este asunto na Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), en Santiago de Compostela. As últimas reunións foron en setembro de 2021 e en xullo de 2022, ás que asistiron os representantes dos grupos municipais que así o desexaron.
Dende a Alcaldía tamén se veñen convocando reunións de traballo para informar aos voceiros sobre a tramitación do PXOM, celebrándose ata oito xuntanzas neste sentido dende 2009. Polo tanto, a Corporación Municipal ten coñecemento de primeira man sobre a fase na que se atopa e seguiranse convocando reunións cando se produza algún avance ou información relevante na súa tramitación.
Para a aprobación do PXOM, o Concello de Viveiro depende doutras administracións, que son as deben emitir os seus informes e dende o concello estase facendo todo o que elas requiren. Ademais, o equipo redactor do plan mantén reunións e está en contacto con estas administracións para ir consensuando o plan e realizando as modificacións que se solicitan.
O retraso na aprobación do PXOM vén motivado porque nas diferentes consellerías, no seu momento, retrasárano ata dous anos e de aí deriva esa demora. Agora o concello quere que haxa un consenso, por iso se convida ás reunións coa Xunta de Galicia aos voceiros dos grupos políticos.
A imaxe que se quere dar por parte do grupo municipal do Partido Popular e de Por Viveiro non é certa. O Concello de Viveiro sempre estivo pendente deste asunto, impulsando a tramitación do PXOM e intentando axilizar o máximo posible.
Os concelleiros destes grupos saben que se denunciou publicamente en diferentes ocasións a xestión feita sobre este asunto por parte dalgunha administración. Porén, neste punto e pola importancia que para o municipio de Viveiro ten a aprobación do PXOM, enténdese que hai que deixar a un lado os intereses políticos e traballar polo interese xeral.
Por todo isto pídeselle ao Partido Popular que deixe de enganar aos veciños/as, de mentir e de manipular, porque quen aproba o Plan Xeral é a Xunta de Galicia, xa que o Concello o que fai é corrixir o que a Xunta solicita e, evidentemente, é aceptado porque o desexo é que o PXOM se aprobe xa.


















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



