Nota de Prensa
Os populares de Foz rexistraron unha moción para o seu debate no próximo Pleno ordinario, instándolle ao Ministerio de Política Territorial a que deixe sen efecto a liquidación negativa que obriga a efectuar este reintegro
O Alcalde está ausente ante un novo mazado do Goberno de Zapatero que require ao concello de Foz a devolución de preto de 193.000 euros
* García Rivera tan dado á incontinencia verbal, cala mudo, submiso e obediente ante as instrucións do partido socialista, aínda que como neste caso as imposicións do PSOE colisionen frontalmente contra os intereses dos veciños de Foz.
* Os populares emprazan ao Goberno municipal a que explique que partidas orzamentarias reducirá e que servizos municipais recortará para facer fronte á devolución dos cartos: ¿educación, benestar, deporte, limpeza, etc?
Foz, 13 de maio de 2010.- O Partido Popular de Foz, a través do seu portavoz, Pedro Fernández Manín, rexistrou unha moción para o seu debate no vindeiro Pleno ordinario de setembro, propoñendo que o pleno tome o acordo de instar ao Goberno central (Ministerio de Política Territorial) a deixar sen efecto a liquidación negativa dos orzamentos locais de 2008 pola que se obriga ao Concello de Foz á devolución ao Estado de preto de 193.000 euros.
Esta enorme cantidade de diñeiro -superior aos 32 millóns das antigas pesetas- afogaría ás xa de por si maltrechas arcas municipais moi mermadas tamén polas reducións operadas tras os recortes das transferencias procedentes do Estado, e que no 2009 contabilizaron unha perda de 147.000 euros.
ALCALDE AUSENTE
Ante esta situación os populares acusan ao Goberno municipal e, nomeadamente ao sr. Alcalde, de estar ausente, incapaz de criticar unha medida que sen dúbida repercutirá na calidade e eficiencia dos servizos públicos que presta o Concello de Foz. “Submiso e obediente ás intrucións do partido socialista, aínda que como neste caso colisionen dun xeito frontal cos intereses dos veciños de Foz, José María García Rivera cala mudo, ante o intento de Zapatero de afogar ao Concello e de facer pagar aos entes locais a súa incompetencia na xestión da crise”
ERRO DE ZAPATERO QUE PAGAN OS CONCELLOS
Fernández Manín explica que esta a obriga de devolver diñeiro ao Estado produciuse como consecuencia da falla de previsión do propio Goberno central que, empeñado en negar as consecuencias da crise económica, presentou no ano 2008 uns orzamentos cunhas previsións de ingresos que estaban moi lonxe da realidade. “Agora, no peor momento da crise económica e ó tempo que experimentan unha notable baixada dos seus ingresos, os concellos van a verse obrigados á devolución de importantes cantidades como consecuencia dos erros do goberno do Sr. Rodríguez Zapatero”.
Os populares insisten en que a reclamación efectuadas polo Goberno socialista neste momento podería poñer en risco o mantemento dos servizos públicos de titularidade local. Por iso emprazan ao Alcalde a explicar cales serán as partidas orzamentarias que se verán reducidas ante a necesidade de devolver estes cartos e, particularmente cales son os servizos que se verán recortados: “¿educación, benestar, deporte, limpeza,… que nos diga onde darán o tixeiretazo?”
GARCÍA RIVERA NON DA A TALLA
O voceiro do PP de Foz lembra finalmente que esta non é a primeira vez que o Sr. Alcalde se prega aos intereses de partido incapaz de defender aos veciños. Xa aconteceu de xeito similar cando o Grupo Socialista en Pleno, e por suposto tamén o señor Alcalde, negouse a apoiar unha moción na que reclamábamos que o goberno que dirixe o Sr. Zapatero non recortara as transferencias do Estado que lles correspondían a os concellos, e entre eles o de Foz. Nin nesa ocasión, nin agora, o Sr. García Rivera deu a talla na defensa dos seus veciños”, pero si sempre di aos demais grupos políticos que o primeiro son os veciños, e el fai todo o contrario .




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



