Cervo, 23 de novembro, 2022. A través desta xornada, enmarcada na Semana Europea da Prevención de Residuos 2022 e promovida por Sogama e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, preténdese dar a coñecer a normativa vixente relativa á implantación da recollida diferenciada da materia orgánica a través dun novo contedor, de cor marrón, así como a operativa a seguir polos concellos que se atopan baixo a área de influencia da futura planta de biorresiduos de Cervo.
Neste encontro, contarase tamén coa intervención de representantes doutros entes locais
que xa teñen instaurada, de forma exitosa, a recollida específica do quinto contedor para que compartan cos asistentes os seus coñecementos, bagaxe e experiencias.
A XORNADA
DATA: 24 de novembro de 2022
MARCO: Conmemoración da Semana Europea da Prevención de Residuos
LUGAR: Casa da Cultura de Cervo
PROGRAMA
10:30 h. Inauguración a cargo da directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibiilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos, que estará
acompañada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o presidente executivo
de Sogama, Javier Domínguez.
10:45 h. Palabras de benvida do alcalde de Cervo.
10:50 h. I Bloque: normativa, operativa e tratamento de FORSU.
· Representante da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e
Cambio Climático da Xunta de Galicia para falar do marco normativo de
referencia e operativa a desenvolver polos concellos.
· Técnico de Sogama para dar a coñecer o tratamento que se dispensará á
fracción orgánica na planta de biorresiduos de Cervo
11:45 h. Pausa-Café
12:05 h. II Bloque: experiencias prácticas
· Portavoz do Concello de Carballo
· Portavoz do Concello de Laracha
12:45 h. Quenda de preguntas
13:00 h. Visita guiada ás obras da planta de biorresiduos de Cervo
13:30 h. Fin da xornada
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



