Nas provincias da Coruña e Pontevedra comezou o pasado 7 de novembro atendendo ao que establece o plan de xestión que regula a captura desta especie
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2022. A campaña extractiva da centola comeza mañá luns na provincia de Lugo. Na área que vai desde o cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro-, o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos.
A campaña deste crustáceo na provincia lucense prolongarase ata o inicio da veda do ano 2023, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. Nas provincias da Coruña (desde cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubedo á Guarda) a campaña comezou o pasado 7 de novembro -estenderase tamén ata a data que fixe o plan de xestión do vindeiro exercicio- e nesa mesma data tamén abriu a campaña do boi en todo o litoral de Galicia, incluída a costa lucense.
A cota máxima de captura destas dúas especies é de 35 quilos por barco e día, á que se lle engaden 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poden participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



