Os populares din que “cando chega o momento de votar en asuntos relevantes, Tomé opta pola defensa dos intereses de Pedro Sánchez fronte aos intereses da provincia, como xa quedou demostrado nos casos de Alcoa e As Pontes”
Lugo, 1 de decembro de 2022. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé (PSOE), comprende ben ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, porque el, como Sánchez, ten que facer o necesario para seguir mantendo aos socios que necesita para seguir no goberno. Así se explica que os representantes socialistas na Deputación votaran no último pleno contra a moción do PP para instar ao Goberno a renunciar á eliminación do delito de sedición e a rebaixar as penas polo de malversación. Así o sinala o viceportavoz popular na Deputación Óscar Poy, que di que, “unha vez máis, Tomé optou pola defensa dos intereses do sanchismo fronte aos intereses da provincia e de España como xa fixo noutras moitas ocasións”.
Poy sinala: “O que vimos no pleno foi un exercicio de sanchismo por parte dos socialistas e sinaladamente do presidente Tomé. Vimos como está aducido polo modelo Sánchez de gobernanza, é dicir, non lle importa máis que conservar o apoio dos socios que necesita para manterse no goberno”.
O mesmo deputado popular explica: “Na Constitución Española, lei de leis, conságrase a unidade da nación e no Código Penal ata agora recóllese o delito de sedición. Como Pedro Sánchez necesita o apoio de grupos que están contra a unidade da nación, está disposto a suavizarlles o camiño eliminando o delito de sedición; non se trata de harmonizar nada con Europa, trátase única e exclusivamente da defensa dos intereses do propio Pedro Sánchez que non pode perder os apoios que lle permiten seguir gobernando”.
O presidente Tomé debería lembrar que as enquisas demostran que moitos dos socialistas españois están contra a supresión do delito de sedición, di Óscar Poy. Engade: “Cando chega o momento de votar en asuntos relevantes, Tomé opta pola defensa dos intereses de Pedro Sánchez fronte aos intereses da provincia. Xa quedou demostrado nos casos de Alcoa e As Pontes, e de novo volve facelo agora”. Tamén sinala que “é unha pena que Tomé non tome nota da posición que manteñen algúns baróns socialistas, que non dubidan en criticar abertamente algunhas decisións de Pedro Sánchez como esta da supresión do delito de sedición”.



















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



