Compostela, 2 de decembro, 2022. A recente protección da Comisión Europea de deterninadas áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os valiosos hábitats de fondos rochosos con corais fríos obxecto de protección fronte a estas artes poden ser ocupados cos mortos, ancoraxes e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños.
O documento marco no que as empresas eólicas están a basear as súas propostas de parques mariños é o POEM (Plano de Ordenación do Espazo Mariño), aínda sen aprobar polo Ministerio. Este POEM delimitaba unha serie de áreas preferentes e de alto potencial para o aproveitamento enerxético, así como unha cartografía de hábitats e afeccións, na que por certo non se consideraron os caladoiros de pesca nos que faena a frota galega. Malia a que este documento de planificación aínda non foi aprobado, e o Ministerio decretou unha moratoria no verán de 2021 até a aprobación dun novo marco normativo para as instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial, as empresas seguen presentando proxectos (e van 8).
É o caso do recente parque eólico “Galwind”, fronte á costa de Ortegal promovido pola empresa madrileña “Instalaciones y Servicios Moscardó III, S.L. Na documentación deste proxecto detállanse as afeccións das instalacións propostas, nas que se poden apreciar interferenzas coas áreas nas que están presentes fondos rochosos con hábitats protexidos pola CE. Estas afeccións atinxen fundamentalmente ás liñas de evacuación, dúas no caso do parque “Galwind” de varias ducias de quilómetros cada unha. Porén a empresa non aponta impactos significativos aos fondos rochosos polos fondeos dos aeroxeradores e subestacións, infraestruturas que requiren de numerosas fixacións e estruturas ancoradas aos fondos (un mínimo de 3 por muíño) de xeito permanente.
Figura 2. Fonte: POEM, promotora e elaboración propia
Nunha análise detallada da documentación do parque “Galwind”, comparándoa coa cartografía do Ministerio, pódese apreciar a sorprendente omisión dunha tesela de 2,69 km² con fondos rochosos de corais fríos situada baixo o vértice sur do parque (ver figura 1, círculo amarelo). O nível de detalle da cartografía do proxecto non xustifica esta “omisión”, por canto incorpora os mesmos dados, á mesma escala e da mesma fonte que a documentación oficial. Existe portanto, unha significativa afección non declarada pola promotora do “Galwind” aos hábitats que a CE considera de interese para a conservación, os mesmos para os que acaba de decretar a exclusión da actividade pesqueira de fondo.
Asemade, ao superpoñer a planificación da eólica mariña proposta no POEM aos polígonos para os que a CE vén de declarar a exclusión para a pesca con artes de fondo, obsérvase que algunhas áreas consideradas como de “alto potencial eólico” inclúen polígonos vetados pola CE á pesca de fondo para salvagardar hábitats sensíbei (ver figura 2). Como xa temos denunciado, para ADEGA non é admisíbel que o Ministerio estea a tramitar, incumprindo a súa propia moratoria, parques eólicos mariños. Mais o que xa resulta escandaloso é que por parte da CE se veten determinadas áreas para conservar os seus fráxiles ecosistemas, mentres o Ministerio segue a permitir a súa ocupación polas instalacións eólicas.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



