Estas axudas do Executivo súmanse á rebaixa do IVE do gas e da luz, á prórroga da limitación da subida do alugueiro e a bonificación do carburante, aumentar o IMV e as pensións non contributivas, entre outras
Lugo, 5 de decembro de 2022. A subdelegada destacou hoxe que 2.838 lucenses xa recibiron as axudas de 200 euros do Goberno para paliar o impacto da suba de prezos derivada da guerra en Ucraína e a crise enerxética. Con esta medida, a Axencia Tributaria abonou un total de 567.600 euros na provincia “para incrementar a protección social ás persoas e familias máis vulnerables” sinalou a subdelegada quen informou destas novidades tras a reunión mantida esta mañá coa directora provincial da Axencia Tributaria, Elena Rosendo, no que trataron as diferentes medidas efectuadas polo Executivo.
A subdelegada explicou que as persoas destinatarias desta iniciativa, aprobada polo Goberno a finais de xuño, son veciños e veciñas que traballan, autónomos e desempregados que residen en fogares con ingresos inferiores a 14.000 euros en 2021 e cuxo patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros. O cómputo de ingresos e de patrimonio efectúase de maneira conxunta, considerando todas as persoas que residan co beneficiario nun mesmo domicilio a data 1 de xaneiro de 2022.
Durante o encontro celebrado na sede da Axencia Tributaria de Lugo, Isabel Rodríguez subliñou que estas axudas de 200 euros enmárcanse no paquete de medidas levadas a cabo polo Executivo e dirixidas á maioría social do país como a rebaixa do IVE do gas e da luz, a prórroga da limitación da subida do alugueiro e a bonificación do carburante, aumentar o Ingreso Mínimo Vital, aprobar incentivos para o transporte público ou elevar un 15% as pensións non contributivas, entre outras.
“Son políticas encamiñadas na inquietude que ten este Goberno en achegar tranquilidade ás familias en tempos de incerteza, especialmente ás familias máis vulnerables, ao mesmo tempo que atendemos as economías da clase media e traballadora e dos sectores estratéxicos. Medidas que van na dirección de seguir avanzando como país, despregando con determinación os fondos do Plan de Recuperación para que cheguen a todas e todos os lucenses”, remarcou a subdelegada.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



