Ofrécese atención en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria con soamente solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2022. A Xunta de Galicia levará a partir de mañá atención gratuíta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos veciños de máis idade de oito concellos. Farao a través do programa de Coidados porta a porta, cuxas unidades móbiles estarán operativas en Vilarmaior e Pontedeume, na provincia da Coruña; nos concellos lucenses da Pastoriza e Abadín; en Crecente e Mondariz-Balneario, na provincia pontevedresa; e nas localidades ourensás de Sarreaus e Xunqueira de Ambía.
O Coidados porta a porta permite levar ao carón dos fogares das persoas maiores de 55 anos servizos sociosanitarios de balde, sen necesidade de que se teñan que desprazar, e desde que se puxo en marcha xa son máis de 26.000 as persoas que se beneficiaron desta iniciativa. Os autobuses deste programa permanecen durante varias xornadas no mesmo municipio e pódese pedir cita nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Este programa itinerante, que percorre todo o territorio galego —agás as sete cidades— é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego de achegar os servizos ao carón das persoas maiores para que poidan vivir esta etapa das súas vidas onde eles prefiran. Con este obxectivo, ademais de Coidados porta a porta, estanse a reforzar outras prestacións públicas para que os maiores que viven en concellos pequenos teñan as atención que necesitan para seguir coas súas vidas nas súas contornas.
SAF, teleasistencia, casas do maior e xantar na casa
Así, o Executivo autonómico deu un forte impulso ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ao que se destinan máis de 100 millóns de euros ao ano para levar coidados profesionais aos domicilios de preto de 25.000 galegos; e deseñou unha nova estratexia de teleasistencia para que, a día de hoxe, aproximadamente 10.000 maiores conten con apoios tecnolóxicos nas súas vivendas.
Ademais, puxéronse en funcionamento un centenar de casas do maior, pequenos centros de atención diúrna para favorecer o envellecemento activo e saudable nos concellos de menos poboación; e reforzouse o programa Xantar na casa, co que se leva a comida de toda a semana a 2000 fogares.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



