Os populares cren que “en lugar de criticar a opinión libre e democrática da veciñanza, o señor Llano e o seu goberno deben recapacitar sobre o que están facendo coa nosa vila”
Burela, 8 de decembro de 2022. O PP de Burela amósase “sorprendido” polo “ataque inxustificado e sen ningún tipo de rubor que inferiu o señor Llano contra os veciños e veciñas da vila; neste caso, representados pola asociación de veciños O Vencello, un colectivo histórico que leva anos aunando esforzos para que o noso pobo dende a perspectiva da veciñanza mellore”.
O voceiro popular, Manuel Rouco, sinala que “no último pleno xa advertimos ao señor alcalde que calquera que goberne ou aspire a gobernar unha vila coma a nosa debe estar para traballar polos seus veciños e escoitar de fronte as súas necesidades e non poñerse de costas a eles. Nalgunhas ocasións loarán o seu proceder e noutras, criticarano; pero calquera das opcións van co cargo”.
É por iso que os populares non entenden que o responsable do goberno municipal “critique de forma desmesurada a opinión libre e democrática dos veciños e veciñas de Burela. O que debe facer o señor Llano e o seu goberno é recapacitar sobre o que están facendo coa nosa vila porque, sen dúbida, as palabras que pronunciou de forma desafortunada ao noso xuízo contra a asociación O Vencello son froito da súa incapacidade para reconducir a nosa vila”.
“A continua toma de decisións errática que leva a cabo dende o comezo deste último mandato ou a ausencia de decisións en momentos clave e puntuais que puideran marcar a diferenza para Burela son unicamente responsabilidade súa e do seu goberno. De ninguén máis”. Por iso Rouco incide en que “non pague as súas frustracións cos veciños e veciñas”.























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



