Até o 1 de xullo de 2015 o noso Código Penal (CP) só coñecía o delicto de malversación por desfalco, é dicir, cando unha autoridade ou empregado público faise con fondos públicos para o patrimonio proprio ou o de calquera terceiro. Na reforma do CP de 2015 a maioría absoluta do PP de Mariano Rajoy introduciu un novo delicto, o de administración desleal, que pena a xestión dun patrimonio alleo sobre o que se teña capacidade de administración de xeito que se lle produza un prexuizo económico, xerado das resultas desa xestión. Esta mesma conduta foi penada no ámbito público, como unha segunda tipoloxía da malversación, a malversación por administración desleal. Ambas as dúas tipoloxías da malversación teñen a mesma pena: 2-6 anos de cárcere e inhabilitación especial para todo cargo ou emprego público por tempo de 6-10 anos, que poden chegar a 4-8 anos de cárcere e 10-20 de inhabilitación absoluta se a malversación por desfalco ou por administración desleal supera os 50.000 € e a 6-12 anos de cárcere se sobarda os 250.000 €.
A razón desta ampliación punitiva no eido da malversación era o procès catalán. O PP quería punir ao president Artur Màs e ao conseller Francesc Homs pola convocatoria da consulta cidadá catalá de novembro de 2014 e decatáronse co CP na mán que só o podían facer por desobediencia. De todos os xeitos obtiveron despois unha sentenza do Tribunal de Cuentas que lles obrigou pagar unha moi alta indemnización. Mais para o PP estatal cumpría unha reforma “ad hoc” que cualificase o destino de fondos públicos para finalidades de consulta cidadá por parte dun goberno soberanista nun delicto “ex novo” con castigo semellante aos homicidios e violacións.
Temos, pois, dous delictos de malversación, a que se fai por desfalco e o que se fai por unha xestión discutíbel do patrimonio público. Punidas as dúas coas mesmas penas, que se cualifican pola cantidade atinxida que sempre tenderá ser superior no contexto da xestión discutíbel ca no de encher directamente o peto propio ou alleo, o que explica que os antigos presos soberanistas cataláns fosen condenados coa gravidade xa coñecida. Só a malversación por desfalco constitúe un delicto de corrupción, na normativa xurídica internacional (Convención das Nacións Unidas contra a corrupción de 2003).
Xa que logo, cómpre rebaixarmos substancialmente as penas por malversación por administración incorrecta e non por desfalco. E, ao mesmo tempo, rematar con fórmulas xenéricas incompatíbeis co Dereito Penal das democracias europeas e definir dun xeito concreto e limitativo as condutas que han ser penadas por este delicto e polo seu correlativo no ámbito do Dereito civil e mercantil, o delicto de administración desleal.




















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



