Ribadeo, 21 de decembro, 2022. Con case vinte e catro anos de dedicación á vida política ribadense (cun primeiro mandato na oposición, e despois xa con labores de goberno), Fernando Suárez Barcia decidiu dar un paso atrás e posibilitar o seu relevo como candidato á alcaldía de Ribadeo. Foron uns anos intensos e cheos de actuacións que transformaron o noso concello, mellorando a nosa calidade de vida e facendo de Ribadeo un referente comarcal, a unha e outra beira da ría de Ribadeo, e no conxunto de Galiza e a cornixa cantábrica.
Rodeado sempre dun equipo de concelleiras e concelleiros que deron o mellor de si mentres desempeñaron as súas responsabilidades de goberno, Fernando Suárez Barcia soubo dirixir unha acción de goberno da que queremos destacar a xeito de resumo as políticas de infraestruturas e de protección social, desenvolvemento económico e potenciación da actividade deportiva e cultural.
Co paso dos anos xa nos familiarizamos cunha serie de actividades que asociamos á vila ribadense con total naturalidade (Mercado de Nadal, Mercado de Produtos da Horta, Ribadeo de Tapeo, Ribadeo Indiano…), pero non debemos esquecer que todas elas foron postas en marcha polo goberno municipal do BNG con Fernando Suárez Barcia dirixíndoo. Tamén abordamos medidas de protección social (Residencia de Maiores, estamos en pleno proceso de posta en marcha da reforma integral do Hospital Asilo, apostamos abertamente polo servizo de axuda no fogar…).
Así mesmo, destacamos na protección ambiental e da paisaxe natural e urbana desenvolvendo o Plan Integral da Praia das Catedrais (co seu impacto positivo na actividade económica e comercial ribadense) ou tamén logrando unha limpeza e coidado dos predios e das fachadas dos edificios. Fomos referente autonómico na esixencia do cumprimento da lexislación en materia de prevención de lumes namentres o goberno do señor Feijoo (agora do señor Rueda) asubiaban cara a outro lado.
Tanto no eido deportivo como cultural (escolas deportivas, apoio a eventos deportivos de referencia galega e estatal, Escola Municipal de Música e Danza, unha axenda cultural plural e diversa), os sucesivos equipos de Fernando Suárez Barcia desenvolveron un labor de goberno que serve de panca dinamizadora da nosa actividade comercial e permítenos gozar dun ben tan prezado como é a cultura. Ninguén pode negar o lugar destacado que ocupa Ribadeo a nivel autonómico e no norte da península grazas á inmensa dedicación e traballo dos sucesivos gobernos de Fernando Suárez Barcia, nin tampouco a mellora da nosa calidade de vida. Ribadeo segue a ser atractivo para emprender plans vitais e proxectos capaces de xerar actividade económica e emprego: velaquí o froito do traballo desenvolvido ao longo destes anos polos gobernos de Fernando Suárez Barcia e a sociedade ribadense no seu conxunto.
E co orgullo co que, desde o BNG de Ribadeo, mostramos a nosa satisfacción polo labor realizado, tamén comunicamos á sociedade ribadense que, sen deixarmos de cumprir coas nosas responsabilidades de goberno, fomos quen de elixir unha persoa que releve a Fernando Suárez Barcia. Trátase do noso compañeiro Pablo Vizoso Galdo, actual tenente de alcalde e concelleiro delegado de Economía, Comercio, Turismo e Desenvolvemento Local.
Pablo Vizoso Galdo ten demostrado ao longo deste mandato a piques de rematar a súa valía como responsábel público. Xestionou áreas importantes para a vida do concello. Xa sexa a través da área de Economía (menos visíbel pero fundamental), como tamén das de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local (máis destacadas), mantivo e desenvolveu a través delas grandes proxectos. Coñece ben a estrutura do concello, coñece o tecido empresarial e comercial pois, ademais dos seus coñecementos propios da súa actividade profesional previa, a eles suma o contacto continuado mantido co sector a través das áreas de Comercio e Desenvolvemento Local. Á súa vez, desde a área de Turismo, ben coordinada con outras áreas moi activas como Cultura e Deporte, logrou dinamizar a vida económica e social de Ribadeo.
Resumindo: tivemos (e temos) o mellor alcalde, e tamén o mellor candidato. A partir de agora Pablo Vizoso Galdo goza da nosa confianza para poñer en marcha o mellor equipo de goberno que, de seguro, xestionará o Concello de Ribadeo no vindeiro mandato 2023-2027. Demostramos no seu momento, da man de Fernando Suárez Barcia, que fomos quen de deseñar o Ribadeo dos anos 20. Agora imos demostrar que temos a capacidade e os proxectos máis acaídos para desenvolver o Ribadeo dos anos 30.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



