Os populares queren “que o responsable da política social da Deputación, o señor Rivera, máximo responsable destes incumprimentos, explique no pleno o porque dos retrasos”
Lugo, 21 de decembro de 2022. O grupo popular quere que o goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, dea explicacións dos retrasos que sofre o desenvolvemento do plan de construción e apertura de residencias para a terceira idade. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “A piques de rematar a lexislatura e vista a nefasta xestión do goberno provincial no capítulo da construción de novas residencias, no que hai máis promesas incumpridas e propaganda que traballo feito, dende o PP cremos que é o momento de que o equipo de goberno dea explicacións no pleno e por iso o Grupo Provincial do Partido Popular leva unha moción a este pleno, para que o responsable da política social da Deputación, o señor Rivera, máximo responsable destes incumprimentos, explique o porque dos retrasos”.
Castiñeira explica: “Hai exemplos de todo tipo, como o de Becerreá, onde está feita a residencia pero está sen abrir porque non se instalou o transformador ou non se equipou a cociña ou porque, probablemente, hai problemas entre o alcalde e o presidente da Deputación. Tamén hai problemas en Guitiriz, onde se tirou a Casa da Botica e se parou a obra, que leva parada practicamente un ano. Problemas igualmente en Portomarín, onde as empresas construtoras, dúas, renunciaron a facer a obra e agora parece que se quere cambiar o proxecto”.
Os populares destacan que “nos casos do Courel e Ferreira de Pantón única e exclusivamente hai trámites administrativo feitos e hai promesas incumpridas por parte do señor Rivera”. Engaden que non se avanzou nada nin en Ourol nin en Cervantes, onde non se sabe aínda onde se vai construír a residencia. En Pobra do Brollón anunciouse a bombo e prato o inicio das obras, incluso se colocaron os carteis, e a empresa acaba de renunciar a construír a residencia. “En A Pontenova, a obra apenas avanza, a pesar de que é a residencia do pobo do anterior presidente da Deputación e en catro anos non se moveu practicamente un ladrillo”.
Castiñeira declara: “A xestión é absolutamente nefasta para a construción de novas residencias. É algo que xa temiamos no ano 2019, cando levamos un pleno extraordinario escoitando as intencións do equipo de goberno. Ao final, esas intencións leváronas a cabo; o obxectivo e retrasar moitas delas”.
O portavoz di: “O único que fixo este equipo de goberno foi abrir as residencias que fixo Suplusa; con Suplusa, facíanse máis rápido, pero, co actual goberno da Deputación, ou teñen atrasos ou non se están a facer. E iso é o que queremos que nos explique o señor Rivera no próximo pleno”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



