Presas defendeu a proposta baseada en 3 eixos: o social, xa que 353.000 galegos e galegas non poden quentar a súa casa, o autogoberno, xa que o lobby eléctrico deslocaliza o emprego aquí e o ambiental, cunha enerxía renovable con máis participación cidadá e respecto ao ecosistema
Santiago de Compostela, 21 de decembro 2022. O BNG emprazou ao Goberno do PP na Xunta a defender o autogoberno galego para conseguir unha tarifa enerxética propia que abarate o alto prezo da luz que están a padecer milleiros de familias en Galiza.
A portavoz de Enerxía, Noa Presas, denunciou o papel actual dunha Galiza “reserva enerxética do Estado mentres o desenvolvemento industrial e económico se reserva para outros puntos da Península”, o que deriva en que hoxe un de cada catro xigavatios hora que se producen a nivel estatal teña orixe galega; algo que, fixo referencia Presas, o propio Otero Pedrayo alcumara “feudalismo eléctrico” que, denunciou a parlamentaria nacionalista, é “insolidario” e chega ata os nosos días. Galiza, detallou a parlamentaria do Bloque, “xera máis enerxía renovable da que consume, é mostra de que Galiza cumpre, consigo mesma e coa crise climática”.
Este papel prioritario do País no abastecemento enerxético estatal e “produtor excedentario” merece “ser compensado”, esixiu Presas, e deu 3 razóns, unha social, outra de autogoberno e outra de protección ambiental. Na primeira, criticou que 353.000 galegos e galegas padezan a precariedade enerxética xa que “non poden ter a súa casa a unha temperatura axeitada e pasan frío”; no eido do autogoberno, criticou o “centralismo insolidario” que provoca a deslocalización de empresas como Naturgy ou Iberdrola, “desprazando servizos de atención ao cliente da Coruña para Madrid e de Ourense para Reus e Colombia”, recriminou.
No punto do coidado do medioambiente, a portavoz de Enerxía fixo mención á actual crise económica de prezos pero tamén á crise climática que urxe unha “descarbonización” e “un novo modelo enerxético” onde prevaleza, argumentou, a “protección ao ecosistema” e o impulso “da participación pública e o consenso social”, onde a cidadanía teña voz no desenvolvemento eólico.
En definitiva, concluíu a deputada do BNG, “Galiza non pode continuar de espectadora” mentres outros gobernos como o de Aragón ou Castela e León piden compensacións pola súa produción de enerxía renovable. Esta proposición para trasladar ao goberno central a reforma do marco lexislativo foi exposta no Parlamento e tombada polos votos en contra dos Populares e do PSdG.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



